Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 46 Martes, 05 de marzo de 2002 Páx. 2.983

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 31 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, sobre renovación da notificación de actuación da empresa Bureau Veritas Español, S.A. como organismo de control autorizado na Comunidade Autónoma de Galicia.

Examinada a solicitude de renovación da notificación presentada por Amando Varela Blanco, en calidade de representante de Bureau Veritas Español, S.A., con CIF A28205904 e con domicilio social en Dr. Fleming, 31-28036 Madrid, para actuar como organismo de control, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas toma en consideración os seguintes

Feitos.

Primeiro.-Bureau Veritas Español, S.A. foi acreditada por ENAC, Entidade Nacional de Acreditación, con data 28-7-1997, como entidade de inspección co número de acreditación 13/EI013, segundo os criterios da norma EN 45004, para a realización de inspeccións nos campos e segundo os documentos normativos especificados no anexo técnico de data 19-1-2001 da acreditación de ENAC correspondente.

Segundo.-Con data do 22 de outubro de 2001, Amando Varela Blanco, en nome e representación de Bureau Veritas Español, S.A., presentou escrito solicitando, ó abeiro do Real decreto 2200/1995, do 28 de decembro, polo que se aproba o Regulamento da infraestructura para a calidade e a seguridade industrial, que se lle concedese a renovación da notificación para actuar como organismo de con

trol autorizado, nos campos regulamentarios solicitados e segundo os documentos normativos establecidos no anexo técnico da acreditación como entidade de inspección.

Para tal efecto, achegaba a documentación esixida no artigo 43 do citado real decreto.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-Esta dirección xeral é competente para resolver este expediente con base no Estatuto de autonomía de Galicia aprobado pola Lei 1/1981, do 6 de abril (BOE nº 101, do 28 de abril), nos RR.DD. 1634/1980, do 31 de xullo (BOE nº 191, do 9 de agosto) e 2563/1982, do 24 de xullo (BOE nº 246, do 14 de outubro; DOG nº 30, do 4 de decembro), nos decretos 6/1982, do 29 de xaneiro (DOG nº 2, do 12 de febreiro) e 132/1982, do 4 de novembro (DOG nº 30, do 4 de decembro) e no Decreto 99/1998, do 26 de marzo, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Industria e Comercio (DOG nº 63, do 2 de abril e nº 28, do 12 de marzo), modificado polos decretos 181/1999, do 17 de xuño (DOG nº 121, do 25 de xuño) en relación coa Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria (BOE do 23 de xullo) e o Real decreto 2200/1995, do 2 de decembro (BOE do 6 de febreiro de 1996), polo que se aproba o Regulamento da infraestructura para a calidade e a seguridade industrial, e demais lexislación

concordante.

Segundo.-Na tramitación deste expediente cumpríronse tódolos requisitos regulamentarios.

Terceiro.-A documentación presentada por Bureau Veritas Español, S.A. acredita que a empresa cumpre coas esixencias xerais establecidas no artigo 43 do citado Real decreto 2200/1995 para a súa actuación nos campos regulamentarios de actuación notificados.

A Dirección Xeral de Industria, de acordo con todo o que antecede e no exercicio das competencias que teñen atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Non manifestar oposición ningunha para renova-la súa notificación para a actuación como organismo de control autorizado na Comunidade Autónoma de Galicia para as actividades de inspección comprendidas nos campos regulamentarios seguintes e segundo os documentos normativos recollidos no anexo técnico de data 19-1-2001 da acreditación nº 13/EI013.

-Instalacións e aparellos a presión.

-Instalacións eléctricas.

-Instalacións de almacenamento de productos químicos.

-Vehículos e contedores destinados ó transporte de mercadorías perecedoiras.

-Instalacións e aparellos para combustibles gasosos.

-Construcción de máquinas con risco.

-Elementos e instalacións de aparellos de elevación e manutención.

-Instalacións petrolíferas.

Segundo.-Esta autorización pode ser suspendida ou revogada, ademais dos casos contemplados na lexislación vixente, cando o sexa a citada acreditación de ENAC.

Terceiro.-Bureau Veritas Español, S.A. debe comunicar á dirección xeral competente en materia de industria calquera variación dos seus técnicos inspectores no prazo dun mes.

Cuarto.-Calquera ampliación dos campos regulamentarios de actuación ou dos documentos normativos correspondentes deberá segui-los trámites establecidos na lexislación vixente.

Quinto.-Esta autorización queda supeditada ó seguinte condicionado:

a) Comunicar á Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas ó día seguinte de producirse, calquera modificación das condicións ou requisitos que deron lugar a esta autorización, xuntando, se é o caso, informe ou certificado da entidade de acreditación (ENAC).

b) Cumpri-lo establecido, con carácter xeral, na Lei 21/1992, do 16 de xullo, de industria, e no R.D. 2200/1995, do 28 de decembro, e demais lexislación concordante no que sexa de aplicación.

c) Nas súas actuacións na Comunidade Autónoma de Galicia, cumpri-los requisitos suplementarios que no seu día poida establece-la Consellería de Industria e Comercio.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada, ante o conselleiro de Industria e Comercio, no prazo dun mes contado desde a data da súa notificación, de conformidade co artigo 114 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificado pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 31 de xaneiro de 2002.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas