Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., C.T. Camiño da Ribeira, s/n.
Situación: Narón.
Descricións técnicas: liña de media tensión subterránea a 15 kV cunha lonxitude de 34 m, con orixe no recuamento L.M.T. r/ Ponte do río Xubia (expediente 194/00), conductor tipo R.H.V. e final no C.T. proxectado.
Centro de transformación non prefabricado, cunha potencia de 400 kVA e unha relación de transformación de 15.000/380-220 V. Concello de Narón.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente ó seu dereito.
A Coruña, 17 de xaneiro de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña