Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 04 de marzo de 2002 Páx. 2.948

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PORTO DO SON

ANUNCIO.

Por este anuncio ponse en coñecemento de tódolos interesados que a Comisión de Goberno deste concello, con data do 22 de febreiro de 2002, aprobou inicialmente o estudio de detalle solicitado por Arbolandia, S.L., dun predio sito no Mariño deste termo municipal, segundo o proxecto asinado polos arquitectos Manuel Cid Rodríguez e Javier Rivadulla Montaña.

O que se participa para que, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio, poida examinarse o expediente incoado na secretaría deste concello, das 9 ás 14 horas, para a presentación das alegacións que procedan.

Porto do Son, 25 de febreiro de 2002.

O alcalde

Rubricado