Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 04 de marzo de 2002 Páx. 2.938

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se notifica a resolución do recurso de reposición 12/2001, interposto por Hugo Hurones del Río.

Non sendo atopado no enderezo coñecido por esta consellería Hugo Hurones del Río, resolvo notificar por este medio, ó abeiro do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, que foi dictada resolución en relación ó seu recurso de reposición, e que na súa parte resolutiva dispón literalmente

«RESOLVO:

Desestima-lo recurso de reposición nº 12/01, interposto por Hugo Hurones del Río contra resolución, por delegación do conselleiro, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais do 29 de agosto de 2001, pola que se desestimaba o recurso de alzada nº 189/01, expediente PO-2000/0683, pola comisión dunha infracción en materia de horarios de peche de espectáculos e establecementos públicos que, en consecuencia, se confirma.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo, no prazo de dous meses contados dende o día seguinte ó da súa notificación, e sen prexuízo de que o interesado poida presentar calquera outro recurso que estime conveniente».

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2002.

María José Cimadevila Cea

Secretaria xeral da Consellería de Xustiza, Interior

e Relacións Laborais