Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 04 de marzo de 2002 Páx. 2.932

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 31 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/11).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e

no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T. Isorna-Leiro (1ª fase).

Situación: Rianxo.

Características técnicas: liñas eléctricas subterráneas de media tensión, a 20 kV, baixo tubo e conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm ó C.T. Leiro e de 3(1x95) mm Al, nos outros CC.TT.:

-De 64 m de lonxitude, coa orixe na liña Isorna-Leiro e final na mesma liña unha vez entre e saia do C.T. Leiro, que se vai instalar.

-De 99 m de lonxitude, coa orixe na liña Rianxo-Leiro e final no C.T. Meiquiz que se vai instalar.

-De 137 m de lonxitude, coa orixe no tramo da liña que alimenta o C.T. Barraca e final no C.T. Barraca, que se vai instalar.

-De 35 m de lonxitude, coa orixe no apoio inmediato a C.T. Atalaia e final no C.T. Atalaia, que se vai instalar.

-De 660 m de lonxitude, coa orixe no apoio inmediato a C.T. Vilanustre e final no C.T. Vilanustre, que se vai instalar.

-Centros de transformación en casetas prefabricadas de formigón, de 250 kVA, denominados: Leiro, Meiquiz, Lustres e Vilanustre e de 160 kVA denominado Atalaia.

-Redes eléctricas de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductores R.Z., que se conectan ós existentes desde os CC.TT. de Leiro e Meiquiz, de 275 m e 100 m respectivamente.

-Redes de baixa tensión subterráneas, baixo tubo e con conductor R.V., que se conectan ás redes existentes desde o C.T. Leiro de 30 m, desde o C.T. Meiquiz de 15 m, de 50 m desde o C.T. Lustres, de 30 m desde o C.T. Atalaia e de 30 m desde o C.T. Vilanustre. Concello de Rianxo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 31 de xaneiro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña