Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 04 de marzo de 2002 Páx. 2.922

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 15 de febreiro de 2002 pola que se convoca proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde da categoría de facultativo especialista de área de microbioloxía e parasitoloxía.

Advertido erro no texto da dita orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 40, do 25 de febreiro de 2002, cómpre efectua-la oportuna corrección, sen altera-lo prazo de presentación de instancias:

Na páxina 2.342, na base terceira, punto 1, requisitos comúns para tódalas quendas de acceso, substitúese o seu epígrafe b) polo seguinte:

«b) Posuír calquera dos seguintes títulos:

-Título de licenciado ou doutor en medicina e cirurxía e o título de médico especialista en microbioloxía e parasitoloxía. O persoal facultativo que á data de entrada en vigor da Lei 16/2001, do 21 de novembro, se atope tramitando a obtención do título de médico especialista conforme o procedemento excepcional regulado polo Real decreto 1497/1999, do 24 de setembro, e logo da acreditación diso, poderá participar nesta convocatoria. No caso de que estes aspirantes superen a fase de selección, o acceso á situación de expectativa de destino e, se é o caso, a obtención dunha praza mediante a súa participación na fase de provisión unicamente producirá efectos se previamente se resolveu o procedemento e, no seu caso, se obtivo o título médico especialista establecido no citado real decreto.

-Título de licenciado ou doutor en farmacia e o título de farmacéutico especialista en microbioloxía e parasitoloxía.

-Título de licenciado ou doutor en ciencias químicas e acredita-la súa formación na especialidade

de microbioloxía e parasitoloxía mediante diploma expedido pola correspondente escola de especialización ou formación completa como químico interno residente, realizada en centros acreditados ou debidamente recoñecidos, logo da superación da proba nacional selectiva que establecen as disposicións vixentes.

-Título de licenciado ou doutor en ciencias biolóxicas e acredita-la súa formación na especialidade de microbioloxía e parasitoloxía mediante a formación completa como biólogo interno residente realizada en centros acreditados ou debidamente recoñecidos, logo da superación da proba nacional selectiva que establecen as disposicións vixentes.».

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO,

MULLER E XUVENTUDE