Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 45 Luns, 04 de marzo de 2002 Páx. 2.914

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as persoas interesadas no recurso contencioso-administrativo número 01/0001522/2001-IN, interposto por Encarnación Díaz Carballeira.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia providencia pola que se admite a trámite o recurso contencioso-administrativo número 01/0001522/2001-IN interposto por Encarnación Díaz Carballeira contra resolución da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 18 de outubro de 2001, pola que se desestima o recurso de alzada contra o Acordo do 26 de xullo de 2001 do tribunal nº 1 dos designados para xulga-lo proceso selectivo para ingreso no corpo subalterno da Xunta de Galicia (grupo E), convocado por Orde do 5 de xuño de 2000.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou con esta data e de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento e se emprazan para que poidan comparecer como parte nos autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de 9 (nove) días, contados desde o seguinte ó da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de febreiro de 2002.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA