Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 01 de marzo de 2002 Páx. 2.904

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE FRIOL

EDICTO.

Aprobados polo Pleno do concello, na sesión do 29 de xaneiro de 2002, os pregos de condicións facultativas e económico-administrativas para a contratación por concurso do servicio de recollida de residuos sólidos urbanos e o seu transporte á planta de transferencia, expóñense ó público na secretaría deste concello polo prazo de oito días naturais con

tados a partir da publicación do edicto no DOG, para efectos de exame e presentación de reclamacións que, de non presentarse, se entenderán definitivamente aprobados.

De conformidade co disposto no artigo 122.2º do R.D. lexislativo 781/1986, do 18 de abril, anúnciase simultaneamente a licitación (se ben se aprazará no suposto de producirse reclamacións ós pregos).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Friol.

b) Dependencia: Secretaría.

2. Obxecto do contrato: a concesión dos servicios de recollida de residuos sólidos urbanos do Concello de Friol e transporte á estación de transferencia de Lugo, sen necesidade de execución de obras.

3. Prazo de execución: 15 anos, prorrogables por acordo expreso das partes, ata o máximo de 25 anos.

4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Adxudicación: por concurso.

5. Orzamento de licitación: os interesados na licitación presentarán un plan ou proxecto de explotación pormenorizado e estudios económicos, con expresión dos medios materiais e persoais que pensen adscribir á concesión, así como as melloras que, se é o caso, acheguen, sen custo para o concello.

6. Garantías: a provisional polo importe de 1.200 euros e a definitiva do 4% do prezo de adxudicación.

7. Obtención de información: ata o día que remate o prazo de presentación de ofertas, no Concello de Friol, con enderezo na praza de España, nº 1, teléfono: 982 37 50 01, fax: 982 37 52 06.

8. Presentación de ofertas. Prazo e lugar.

As empresas interesadas en participar na licitación presentarán as súas propostas no prazo de 26 días naturais, contados a partir do seguinte ó da inserción de edicto no DOG, no rexistro xeral do Concello de Friol.

9. Documentación que hai que presentar: ademais da oferta económica, os interesados deberán presenta-la documentación esixida no punto 16 dos pregos de condicións. Deberán acreditar expresamente o cumprimento do establecido na Lei 10/1997, do 22 de agosto, de residuos sólidos de Galicia, no seu artigo 13.

10. Apertura de propostas: na casa do concello, ás doce horas do terceiro día hábil seguinte (excluídos sábados) ó da finalización do prazo de presentación de ofertas.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do que resulte adxudicatario do servicio o aboamento dos anuncios que se publiquen nos diarios oficiais por razón deste contrato.

O que se fai público en cumprimento do establecido no artigo 326 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, de administración local de Galicia.

Friol, 30 de xaneiro de 2002.

Antonio Muíña Pena

Alcalde