Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 44 Venres, 01 de marzo de 2002 Páx. 2.891

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 29 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/97).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: UDESA.

Domicilio social: rúa de Madrid, 1 B (polígono das Fontiñas), Santiago de Compostela.

Denominación: C.T.A. en Alto de Vilar.

Situación: Cerceda.

Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV, sobre apoios de formigón en conductor LA-30, de 8 m de lonxitude, con orixe no entroncamento coa liña de Unión Fenosa Distribución, S.A. e final no C.T. Alto de Vilar que se vai instalar. Centro de transformación tipo intemperie de 160 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV en Alto de Vilar. Concello de Cerceda.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características

se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente ó seu dereito.

A Coruña, 29 de xaneiro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña