Aprobado polo Pleno municipal, en sesión ordinaria que tivo lugar o 25 de outubro de 2001, o
prego de condicións para adxudicación, mediante concurso e procedemento aberto e tramitación ordinaria, do servicio de recolla de residuos sólidos urbanos no municipio, transporte á planta de transferencia e lavado de contedores, exponse ó público o seguinte anuncio:
1. Entidade adxudicadora: Concello de Carballeda de Valdeorras.
2. Obxecto do contrato: adxudicación da prestación do servicio de recolla de residuos sólidos urbanos no municipio, transporte á planta de transferencia e lavado de contedores, de conformidade coa descrición detallada de tarefas que se van realizar, previstas no prego de condicións.
3. Duración do contrato: dous anos contados desde a data de inicio da prestación do servicio, prorrogables por períodos anuais ata un máximo de dúas prórrogas.
4. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: ordinaria, procedemento aberto e concurso.
5. Orzamento de licitación: non se sinala prezo do contrato; debe ser ofertado polos licitadores.
6. Garantías: provisional: non se esixe; definitiva: o 4% do importe da adxudicación.
7. Obtención de documentación e información: Casa do Concello de Carballeda de Valdeorras.
Domicilio: Sobradelo de Valdeorras.
Teléfono: 988 33 50 02.
Fax: 988 33 53 79.
8. Capacidade para contratar: regulada no prego de cláusulas administrativas.
9. Presentación de ofertas: no rexistro xeral do concello, das 9 ás 14 horas, no prazo de quince días naturais contados a partir do seguinte ó da publicación do último anuncio no BOP de Ourense ou no DOG.
Presentaranse dous sobres pechados: sobre A (Proposición económica segundo modelo previsto no prego). Sobre B (Documentación) en cada un dos cales se fará consta-lo contido e nome do licitador (cláusula IX do prego).
10. Criterios que servirán de base para a adxudicación: os contidos na base XII do prego de cláusulas.
11. Apertura de ofertas: a mesa de contratación reunirase ás 12 horas do día seguinte hábil ó de remate do prazo de presentación de proposicións, agás se coincide en sábado, que se trasladará ó día hábil seguinte.
12. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.
Carballeda de Valdeorras, 29 de xaneiro de 2002.
Mª Carmen González Quintela
Alcaldesa