Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 28 de febreiro de 2002 Páx. 2.858

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ANUNCIO do 20 de febreiro de 2002, da Dirección Xeral de Recursos Mariños, polo que se somete a información pública o proxecto sectorial de incidencia supramunicipal de desenvolvemento do cultivo de peixes planos no municipio de Camariñas.

Para os efectos previstos no Decreto 80/2000, do 23 de marzo, polo que se regulan os plans e proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal, sométese a información pública o proxecto sectorial que se describe:

Título do proxecto: desenvolvemento do cultivo de peixes planos.

Obxecto: ordenar a regula-la implantación territorial dunha granxa de rodaballo e linguado.

Localización. Cabo Vilán. Termo municipal de Camariñas (A Coruña).

Promotor: STOLT SEA FARM, S.A. CIF: A28682987.

O expediente, integrado polo Proxecto sectorial do desenvolvemento do cultivo de peixes planos, elaborado en decembro de 2001 polo enxeñeiro de camiños Ángel Delgado Cid, así como a documentación complementaria, estará á disposición do público co fin de que calquera persoa física ou xurídica poida examinalo e achega-las alegacións e informacións que considere oportunas.

Prazo de exposición: un mes contado a partir do día seguinte a aquel no que teña lugar a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Lugar de exhibición: Servicio de Acuicultura-Dirección Xeral de Recursos Mariños. Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos. Rúa do Valiño, 63-65, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

Horas: das 9 ás 14 horas.

Prazo para formular alegacións: un mes contado a partir do día seguinte a aquel no que teña lugar a publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2002.

Javier Pereiro Muñoz

Director xeral de Recursos Mariños

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS