Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 28 de febreiro de 2002 Páx.

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 23 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador AG-SA-164/2001-PO.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícase, á persoa que no anexo se menciona a proposta de resolución dictada polo instructor no expediente que por infracción do Regulamento de epizootias, Decreto de 4-2-1955, se está tramitando nesta delegación.

Para os efectos previstos no artigo 19 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, o denunciado, no prazo de 15 días hábiles contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, poderá examina-lo expediente, no servicio técnico xurídico, sito na r/ Benito Corbal nº 47, 4ª planta, e presenta-las alegacións que considere convenientes.

Pontevedra, 23 de xaneiro de 2002.

José Manuel Gabeiras Vérez

Delegado provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: AG-SA-164/2001-PO

Denunciado: Antonio García Sánchez.

Feito denunciado: falta de guía de orixe e sanidade pecuaria e de libro-rexistro de movementos e compravenda de gando.

Data do acordo de incoación: 20-9-2001.

Alegacións á incoacción: non presentou.

Preceptos infrinxidos: incumprimento do artigo 212 do Decreto do 4 de febreiro de 1955 e do artigo 10 da Orde do 23 de agosto de 1995.

Precepto sancionador: artigo 212 e 206 a) do Regulamento de epizootias, actualizado polo Real decreto 1665/1976, do 7 de maio.

Sanción: de 135.000 pesetas.