Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 28 de febreiro de 2002 Páx. 2.854

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 14 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se anuncia a publicación das bases definitivas de concentración parcelaria da zona de Cabreiroá (Verín-Ourense).

Ponse en coñecemento de tódolos interesados na concentración parcelaria da zona de Cabreiroá (Verín-Ourense), declarada de utilidade pública e interese social a urxente execución polo Decreto 306/1998, do 6 de novembro (DOG nº 225, do 19 de novembro), que a xunta local da zona, na súa reunión do día 14 de xaneiro de 2002, aprobou as bases definitivas de concentración, que estarán expostas ó público na Casa do Concello de Verín e na zona, durante o prazo de trinta días, contados desde o seguinte ó da última inserción desta resolución no Diario Oficial de Galicia, no BOP, no xornal de máis circulación da provincia, no lugar habitual da parroquia e no taboleiro de anuncios do concello, de conformidade co que determina a Lei de concentración parcelaria para Galicia (artigo 36).

Os documentos que os interesados poden examinar nos lugares de exposición refírense á determinación do perímetro (colección de planos coas parcelas incluídas e relación das excluídas), á clasificación de terras e fixación dos coeficientes que servirán de base para face-las compensacións que sexan necesarias, así como á determinación de propietarios e titulares de gravames e outras situacións xurídicas, das que se declara formalmente a titularidade.

Contra as bases os interesados poden interpor recurso de alzada perante o conselleiro de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural, dentro do prazo dos trinta días sinalados, e presentalo na delegación provincial (rúa Florentino L. Cuevillas, 4-6, baixo, Ourense), nas oficinas centrais da consellería (edificio San Caetano, Santiago de Compostela), ou en calquera das dependencias ás que fai referencia o artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expresando no escrito un domicilio dentro do termo municipal para face-las comunicacións que procedan.

Ourense, 14 de xaneiro de 2002.

Manuel López Casas

Delegado provincial de Ourense