Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: UDESA.
Domicilio social: rúa de Madrid, 1-B (polígono das Fontiñas) Santiago de Compostela.
Denominación: L.M.T. e C.T.A. O Pino.
Situación: O Pino.
Descricións técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV, sobre apoios de formigón en conductor LA-30, de 400 m de lonxitude, con orixe na liña que alimenta o C.T. Granxa de Deza e final no C.T. do lugar do Pino que se vai instalar. Centro de transformación tipo intemperie de 25 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV no lugar do Pino. Concello do Pino.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que estime pertinente ó seu dereito.
A Coruña, 29 de xaneiro de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña