Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administra
tiva e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Electra de Santa Comba, S.L.
Domicilio social: Miraflores, 20-B
Denominación: R.B.T. Santa Sabiña.
Situación: Santa Comba.
Características técnicas: rede eléctrica de baixa tensión a 380-220 V sobre apoios de formigón e con conductor R.Z., en seccións de 95, 50 e 25 mm Al, de 2.485 m de lonxitude, discorrendo polos lugares de Santa Sabiña e A Carballeira. Santa Comba.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 21 de xaneiro de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña