Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 43 Xoves, 28 de febreiro de 2002 Páx. 2.851

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 11 de decembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/434-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L.

Domicilio social: avda. de José Antonio 21, 36830 A Lama.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Pazos de Borela.

Situación: Concello de Cotobade.

Características técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 160 m de lonxitude, con conductor LA-56, desde un apoio existente 14/800 da L.M.T. nomeada Pazo-Rivera-Lagoas ata o C.T. que se proxecta en Pazos de Borela, no concello de Cotobade, de 100 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 440 m de lonxitude, con conductor R.Z.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alega

cións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 11 de decembro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra