Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 27 de febreiro de 2002 Páx. 2.839

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE OURENSE

CONCURSO para adquisición de bancadas telescópicas para o pazo dos deportes Paco Paz.

No BOP de Ourense, do día da data, publícanse íntegros os pregos de condicións para a adquisición de bancadas telescópicas para o pazo dos deportes Paco Paz desta deputación, por importe de 94.000 euros (IVE incluído), mediante concurso, en procedemento aberto e trámite urxente. As ofertas e documentación presentaranse ata as 13 horas do 8º día natural seguinte ó da publicación deste anuncio no DOG, no rexistro xeral da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de documentación terá lugar o seguinte día hábil (agás sábados), ás 12 horas, no pazo provincial. A documentación que hai que presentar, modelo de presentación e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente ós que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, 32 ou por teléfono 988 38 51 00 e fax 988 38 51 84.

Ourense, 19 de febreiro de 2002.

José Luis Baltar Pumar

Presidente da Deputación Provincial de Ourense