Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 27 de febreiro de 2002 Páx. 2.818

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 5 de febreiro de 2002, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de aperturas e pregos de cargos de expedientes sancionadores (PESAN1 2001/000902-1 e dúas máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notificanselles ás persoas que a continuación se relacionan as aperturas e pregos de cargos dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para presentaren ante a delegación territorial as alegacións que coiden pertinentes.

Os expedientes relacionados de seguido atópanse ó dispor dos interesados na citada Delegación Territorial da Coruña, Ramón y Cajal, s/n, 5ª planta.

Nº de expediente: PESAN1 2001/000902-1.

Denunciada: Mª Dolores Silva Muñiz.

DNI: 32774337-G.

Enderezo: Alimar 2000-Pte. Pasaxe (A Coruña).

Nº de expediente: PESAN1 2001/001214-1.

Denunciado: José Antonio Cores Ceán.

DNI: 32794185-A.

Enderezo: Tormeán-Cerqueda, Malpica de Bergantiños.

Nº de expediente: PESAN1 2001/001221-1.

Denunciada: María Isabel Ceide López.

DNI: 32798896.

Enderezo: avda. Vilaboa, 137-7º D, Culleredo.

A Coruña, 5 de febreiro de 2002.

Beatriz Alonso de la Iglesia

Instructora

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS

LABORAIS