Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 27 de febreiro de 2002 Páx. 2.817

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai público o outorgamento da concesión derivada do permiso de investigación nomeada Samperes 2707.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que por resolución da Dirección Xeral de Industria de data 19-11-2001, outorgouse a Mª Mercedes Correa Morais a concesión derivada do permiso de investigación nomeada Samperes 2707, dunha cuadrícula mineira para recursos de granito ornamental, que se sitúa nos termos municipais do Porriño e Tui, da provincia de Pontevedra, sendo as súas coordenadas xeográficas as seguintes:

VérticesLonxitudeLatitude

1 8º 41' 00"42º 06' 00"

2 8º 40' 40"42º 06' 00"

3 8º 40' 40"42º 05' 40"

4 8º 41' 00"42º 05' 40"

O que se fai público para xeral coñecemento e en cumprimento do artigo 101 do Regulamento xeral para o réxime da minería do 25 de agosto de 1978.

Pontevedra, 22 de xaneiro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra