Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T. e CC.TT. polígono dos Capelos.
Situación: Carral.
Descricións técnicas: -L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 1.758 m de lonxitude, con conductor R.H.V. de 240 mm Al, con orixe no apoio de paso aero-subterráneo no punto A da L.M.T. Tabeaio-Carral e final no punto L da mesma liña.
-L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 2.460 m de lonxitude con conductor R.H.V. de 150 mm, con orixe e final no mesmo punto que a liña anterior, pasando polos CC.TT. nº 1, 2, 3, 4, 5 e C.T. A Azoreira que son tipo prefabricados de 630, 1.000, 1.000, 400, 630 e 400 kVA. Cada un no polígono dos Capelos.
-L.M.T. subterránea de 306 m de lonxitude con conductor R.H.V. de 95 mm Al, con orixe no C.T. nº 5 e final no paso aero-subterráneo a CC.TT. Sergude e A Mosca. Concello de Carral.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente ó seu dereito.
A Coruña, 15 de xaneiro de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña