Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 42 Mércores, 27 de febreiro de 2002 Páx. 2.754

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA E PROMOCIÓN DO EMPREGO, MULLER E XUVENTUDE

ORDE do 18 de febreiro de 2002 pola que se establecen as bases que rexen as axudas para actividades realizadas por escolas de tempo libre e se procede á súa convocatoria.

O Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu artigo 27 que lle corresponde á Comunidade Autónoma galega a competencia exclusiva nas materias do deporte e a axeitada utilización do lecer, así como a promoción do desenvolvemento comunitario.

Así mesmo, polo Decreto 285/1989, do 16 de decembro, asúmense as funcións e servicios transferidos pola Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de promoción sociocultural, no ámbito da xuventude e desenvolvemento comunitario.

Coa aprobación do Decreto 306/2001, do 15 de decembro, estableceuse a actual estructura orgánica da Xunta de Galicia e co Decreto 310/2001, do 17 de decembro, a dos seus departamentos, establecendo no seu artigo 11 a estructura básica da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, estructura que se desenvolve polo Decreto 488/1997, do 26 de decembro, modificado polos decretos 117/1999, do 23 de abril, 202/2000, do 21 de xuño e 200/2001, do 27 de agosto, que dispón no seu artigo 8 que á Dirección Xeral de Xuventude lle corresponde a xestión e coordinación das actuacións da consellería en materia de xuventude, así como das políticas xuvenís de carácter interdepartamental e, especificamente, o apoio ó desenvolvemento da actividade xuvenil, así como o fomento da participación da xuventude na vida social.

Ante a importancia que hoxe adquire a organización de actividades de tempo libre e de utilización do lecer polos mozos, así como a axeitada formación dos responsables e técnicos de actividades de animación sociocultural, debe apoiarse o traballo que realizan as escolas de tempo libre existentes na nosa Comunidade Autónoma, como centros recoñecidos oficialmente pola Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude para impartir esa formación específica.

A realización de cursos ordinarios para a obtención dos títulos establecidos oficialmente en materia de tempo libre e animación sociocultural, como aqueloutros máis específicos de perfeccionamento e actualización para as persoas xa tituladas, así como outras actividades formativas nesa materia, é cometido das escolas de tempo libre, entidades que a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, a través da Dirección Xeral de Xuventude, pretende promocionar coa convocatoria destas axudas.

Esta convocatoria axústase ó disposto no artigo 78 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, na súa redacción dada pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa e no Decreto 287/2000, do 21 de novembro, que o desenvolve e, en concreto, no relativo ós principios de obxectividade, concorrencia e publicidade na concesión das axudas e subvencións e no establecido no Decreto 401/2001, do 28 de decembro, polo que se regula a prórroga dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, do ano 2001, para o exercicio 2002.

Por todo isto,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Obxecto.

1. Esta disposición ten por obxecto establece-las bases que rexen as axudas para actividades realizadas por escolas de tempo libre e se procede á súa convocatoria.

2. Poderán ser obxecto de subvención os seguintes programas de actividades:

a) Cursos de formación para dirixentes ou responsables de asociacións xuvenís.

b) Cursos de directores e monitores en actividades de tempo libre.

c) Actividades de aire libre para titulados en actividades de tempo libre.

d) Conferencias, xornadas e congresos sobre as temáticas de tempo libre.

e) Realización de actividades de carácter socio-educativo dirixidas a trata-las distintas problematicas que hoxe en día afectan á mocidade.

f) Intercambios técnicos con outras comunidades autónomas e países estranxeiros.

3. Quedan excluídos, para os efectos de subvención, os programas docentes e deportivos previstos nos plans regulados de ensino e deporte escolar e federativo. Tamén estarán excluídos os gastos derivados do normal funcionamento da escola.

Artigo 2º.-Orzamento.

A Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude financiará as anteditas subvencións con cargo á partida orzamentaria 14.05.355B.482.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002 cunha contía de 33.657 euros, cantidade prorrogada polo Decreto 401/2001, do 28 de decembro, polo que se regula a prórroga dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia, do ano 2001, para o exercicio 2002; sen prexuízo da posible ampliación futura do crédito, unha vez aprobados os orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2002, ampliación que, de producirse, será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia.

Artigo 3º.-Destinatarios.

1. Poderán solicitar subvención as escolas de tempo libre inscritas no rexistro oficial dependente organicamente da Dirección Xeral de Xuventude, regulado no Decreto 50/2000, do 20 de xaneiro, polo que se refunde e actualiza a normativa vixente en materia de xuventude (DOG nº 49, do 10 de marzo).

2. Será requisito imprescindible para poder solicitar subvención ter xustificado debidamente as axudas recibidas no último ano.

3. Igualmente, para ter acceso ás axudas previstas nesta orde, será obrigatorio que os solicitantes cumpran o previsto nos artigos 64 e 66.1º C do Decreto 50/2000 antes citado.

Artigo 4º.-Normas xerais sobre subvencións. Documentación.

1. As solicitudes, co formato do impreso de solicitude (anexo I), serán dirixidas á conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, podendo presentarse no rexistro xeral da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, nos rexistros das súas delegacións provinciais ou por calquera dos procedementos previstos no artigo 38.4º da vixente Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

2. As solicitudes irán acompañadas da seguinte documentación:

a) Fotocopia compulsada do DNI do responsable da entidade que subscribe a petición, acreditando a súa lexitimación.

b) Fotocopia compulsada do CIF da entidade.

c) Certificación dunha conta bancaria aberta pola entidade titular da escola de tempo libre.

d) Breve memoria explicativa das actividades que se pretenden realizar.

e) Orzamento de ingresos e gastos da actividade.

f) Declaración de conxunto de tódalas solicitudes de axuda efectuadas ou concedidas, para a mesma actividade, das distintas administracións públicas competentes.

3. O prazo de presentación de solicitudes será dun mes, contado a partir do día seguinte ó da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia.

4. A Dirección Xeral de Xuventude requerirá a emenda dos defectos apreciados na documentación presentada ou a falta de documentación; se así non o fixera teráselle por desistido da súa petición, logo de resolución, de acordo co previsto no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 5º.-Contía máxima obxecto de subvención.

1. A contía da axuda concedida non poderá supera-lo 75% do orzamento total das actividades subvencionadas.

2. O importe da subvención en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente, ou en concorrencia con subvencións ou axudas doutras administracións públicas, ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, supere o custo da actividade que vai desenvolve-lo beneficiario ou, se é o caso, a porcentaxe máxima do investimento subvencionable que legalmente se estableza.

Artigo 6º.-Criterios de avaliación.

A avaliación dos proxectos presentados farase tendo en conta os seguintes criterios:

1. Proxectos destinados a promociona-la formación de directivos do asociacionismo xuvenil.

2. Cursos de directores e monitores en actividades de tempo libre.

3. Cursos de perfeccionamento de carácter monográfico, xornadas, ou outros tipos de actividades formativas orientadas a trata-las distintas problemáticas que hoxe afectan á mocidade.

4. Proxectos de actividades de intercambio de profesorado e técnicos en animación xuvenil entre comunidades autónomas e países estranxeiros.

5. Aqueles nos que as actividades con finalidade formativa, cultural ou de integración social primen sobre os simplemente recreativos.

Artigo 7º.-Tramitación e resolución.

1. Recibidas as solicitudes de subvención e a súa documentación, serán sometidas a informe dos servicios técnicos da Dirección Xeral de Xuventude. Posteriormente a directora xeral de Xuventude resolverá por delegación da conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude.

2. A resolución da solicitude de subvención seralles notificada a tódolos solicitantes, no prazo máximo de catro meses, contados desde o día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o dito prazo sen que recaia resolución expresa, deberá entenderse desestimada a petición correspondente. A dita resolución esgota a vía administrativa e contra ela poderá interpoñerse potestativamente recurso de reposición ante o mesmo órgano que a dictara no prazo dun mes contado a partir do día seguinte á notificación da resolución, se o acto fora expreso, ou no prazo de tres meses contado a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, ou ser impugnados directamente ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses a partir do día seguinte ó da notificación da resolución, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

3. A Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude reserva para si o dereito de orientar tecnicamente o proxecto de actividades, así como comproba-la súa execución, cando o considere conveniente.

4. Os solicitantes ós que non lles fose concedida subvención disporán dun prazo dun mes, contado a partir da recepción da notificación, para retira-la documentación presentada. Transcorrido este prazo, arquivarase.

Artigo 8º.-Xustificación da subvención.

1. Unha vez notificada a resolución da concesión da subvención procederase á xustificación e pagamento na forma en que se indica a continuación.

2. A xustificación das axudas efectuarase antes do día 15 de outubro de 2002 mediante a presentación de facturas orixinais ou fotocopias compulsadas, que ademais irán recollidas nunha relación na que figurarán todas elas xunto co seu importe, relación que deberá ser asinada pola persoa responsable da entidade subvencionada.

Para os efectos de xustificación soamente se admitirán os recibos ou facturas que se acheguen e que figuren na relación, especificando cada un deles a actividade realizada, data da súa execución, así como o NIF do que subscribe, que deberá ser persoa allea á entidade receptora.

Ademáis deberase presentar unha breve memoria na que se deixará constancia do resultado das actividades realizadas e que foron obxecto de subvención, vinculando cada factura á actividade subvencionada e efectivamente realizada.

Igualmente, deberá xuntarse no momento da xustificación da execución total da actividade subvencionada e, en calquera caso, antes do derradeiro pagamento, unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas para a mesma actividade, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, das administracións públi

cas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

Artigo 9º.-Pagamento da subvención.

1. Recibida e comprobada a documentación a que fai referencia o artigo 8º, poderase proceder ó pagamento da subvención, de acordo coa normativa orzamentaria que sexa de aplicación.

2. Non obstante, unha vez concedida a subvención e notificada a resolución, a directora xeral de Xuventude poderá resolve-lo pagamento anticipado dun 50% sobre a subvención concedida, sempre que o seu importe non supere os límites que estableza a Lei de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia vixente no momento de concedela para o anticipo de pagamentos en subvencións correntes. En todo caso, o pagamento anticipado debe ser xustificado segundo o establecido no artigo 8º desta orde e a dita xustificación efectuarase antes do 15 de outubro de 2002.

Nos demais casos o procedemento de pagamento efectuarase conforme dispoña a normativa orzamentaria de aplicación.

3. No caso de non aplicar ó fin previsto a totalidade da subvención concedida, a Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude só aboará a parte proporcional do gasto dedicado ó fin subvencionable, sen prexuízo do que proceda de conformidade co artigo 78.9º do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Artigo 10º.-Obrigas dos beneficiarios.

Os beneficiarios das subvencións estarán obrigados:

1. A non modificar, sen autorización da directora xeral de Xuventude, o programa de actividades inicialmente aprobado.

2. A lle facilitar á Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude a realización das comprobacións e verificacións que considere precisas para a constatación do cumprimento do disposto nesta orde e demais normas vixentes que resulten de aplicación, sen prexuízo das facultades inspectoras que teñan atribuídas outros órganos da Administración da Xunta de Galicia.

3. A facer constar en toda a publicidade xerada pola actividade obxecto da axuda, que recibiu subvención da Consellería de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude, Dirección Xeral de Xuventude, utilizando a normativa de imaxe corporativa da Xunta de Galicia.

4. Presentar, no momento da xustificación da execución total da actividade subvencionada e, en calquera caso, antes do derradeiro pagamento, unha declaración complementaria do conxunto das axudas solicitadas para a mesma actividade, tanto as aprobadas ou concedidas como as pendentes de resolución, das administracións públicas competentes ou calquera dos seus organismos, entes ou sociedades.

5. Estar sometido ás actuacións de comprobación que efectuará a Dirección Xeral de Xuventude e

ás de control financeiro que corresponden á Intervención Xeral da Comunidade Autónoma en relación coa subvención concedida, e ás previstas na lexislación do Tribunal de Contas e o Consello de Contas.

Artigo 11º.-Control e reintegro da subvención.

1. Procederá o reintegro nos termos e supostos previstos no artigo 78.9º da Lei de réxime financeiro e orzamentario en redacción dada pola Lei 8/1999, do 30 de decembro, de medidas fiscais e orzamentarias e de función pública e actuación administrativa, e nos artigos 19 e 20 do Decreto 287/2000, do 21 de novembro, polo que se desenvolve o réxime de axudas e subvencións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia.

2. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de subvencións ou axudas outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais, poderá dar lugar á modificación da resolución da subvención.

Disposicións adicionais

Primeira.-No caso de que unha vez dictada a resolución de concesión de axudas amparadas nesta orde quedase crédito sen adxudicar, poderase publicar unha segunda orde de convocatoria de subvencións. En todo caso, a concesión de axudas terá como límite a cantidade consignada na correspondente aplicación económica dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2002.

Segunda.-Apróbase a delegación de atribucións da conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude na directora xeral de Xuventude para resolve-la concesión, denegación, modificación ou outras incidencias das subvencións previstas nesta orde, así como para autoriza-los gastos e ordena-los correspondentes pagamentos.

Terceira.-Facúltase a directora xeral de Xuventude para dictar cantas disposicións sexan precisas para o desenvolvemento desta orde.

Cuarta.-Os beneficiarios destas axudas quedan suxeitos ó réxime de infraccións e sancións previstas para esta materia no texto refundido da Lei de réxime financeiro e orzamentario de Galicia aprobado polo Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, pero no que se refire ós prazos de execución, poderanse subvencionar actividades realizadas polas entidades solicitantes desde o 1 de xaneiro do 2002, se son actividades que se consideran importantes para a xuventude, conforme os criterios de avaliación establecidos no artigo 6º desta orde, e cumpren os requisitos esixidos e condicións establecidas nela.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2002.

Manuela López Besteiro

Conselleira de Familia e Promoción do Emprego, Muller e Xuventude