Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 26 de febreiro de 2002 Páx. 2.736

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SARRIA

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello, en sesión ordinaria do día catro de decembro do dous mil un, aprobou inicialmente o proxecto de urbanización e dotación de servicios na rúa Velázquez, 2ª fase, tramo sur, promovido polo Concello de Sarria e redactado pola arquitecta Laura Prieto Varela.

O expediente sométese á información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ó da derradeira publicación oficial, durante o cal, os interesados poderán consulta-lo expediente e formular por escrito as alegacións que xulguen pertinentes.

Sarria, 24 de xaneiro de 2002.

O alcalde

Rubricado