Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 26 de febreiro de 2002 Páx. 2.734

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 8 de febreiro de 2002, da Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, pola que se anuncia concurso público para a contratación do arrendamento dun retinógrafo para este complexo hospitalario, mediante procedemento aberto e ordinario. (Expediente 3/2002).

A Xerencia Xeral do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela, en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme o establecido na Orde do 21 de abril de 1998, modificada pola Orde do 23 de marzo de 2000, ámbalas dúas, da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve convoca-lo seguinte concurso público:

I. Obxecto: arrendamento dun retinógrafo para o CHUS, estructurado nun único lote.

II. Orzamento estimado: 46.278 (corenta e seis mil douscentos setenta e oito euros), IVE incluído.

III. Garantías:

a) Provisional: 2% do orzamento de licitación: 925,56 euros.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación do contrato.

Constituiranse segundo o disposto nos artigos 35 e 36, respectivamente, do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

IV. Forma de adxudicación: concurso público. Procedemento aberto e ordinario.

V. Prazo de execución: trinta e seis meses, desde o 1 de abril de 2002 ou data de sinatura do contrato se é posterior. Este contrato poderase prorrogar nos termos que recolle a cláusula 2.3.2 do prego tipo de cláusulas administrativas particulares.

VI. Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes.

VII. Solvencia económica, financeira e técnica: acreditación libre atendendo ós criterios do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que

se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

VIII. Criterios de adxudicación: segundo punto 13 da folla de especificacións.

IX. Documentos de interese para os licitadores: o prego de cláusulas administrativas particulares e demais documentación complementaria pode ser solicitada no Departamento de Contratación Administrativa do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, A Choupana s/n 15706 Santiago de Compostela, en días laborables desde as 9 ata as 14 horas.

X. Clasificación: non se esixe.

XI. Presentación de proposicións: as proposicións deberán presentarse en man, en sobres pechados e asinados polo licitador ou persoa que o represente, no rexistro xeral do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela, antes das 14 horas do décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no DOG, ou por correo no xeito indicado no prego de cláusulas administrativas particulares. No caso de que o último día coincida en sábado ou festivo, o prazo de presentación finalizará o seguinte día hábil.

XII. Apertura de proposicións: a apertura das proposicións admitidas será realizada pola mesa de contratación, reunida en acto público na sala de xuntas do Hospital Clínico Universitario de Santiago de Compostela ás 10 horas do décimo primeiro día natural contado a partir do seguinte a aquel no que finalice o prazo de presentación de ofertas; en caso de que o dito día coincida en sábado ou festivo, a apertura das proposicións terá lugar o primeiro día hábil seguinte.

XIII. Documentación que deberán achega-los licitadores: a documentación que figura no prego de cláusulas administrativas particulares.

XIV. Anuncios: os anuncios deste concurso público serán por conta do adxudicatario do contrato.

Santiago de Compostela, 8 de febreiro de 2002.

Jordi Riba i Hibernón

Xerente xeral do Complexo Hospitalario

Universitario de Santiago de Compostela