Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 26 de febreiro de 2002 Páx. 2.733

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 29 de xaneiro de 2002, da Área Provincial da Coruña, pola que se lles notifica ós interesados, unha vez intentada a notificación á que se refire o artigo 59 da Lei 30/1992, resolucións emitidas polo delegado provincial dos expedientes de desafiuzamento por non ocupación, derivados de regularización (expediente 35/2001).

Por medio desta cédula, e en cumprimento do disposto no artigo 142 do Regulamento de VPO, aprobado polo Decreto 2114/1968, do 24 de xullo, notifícaselles ós interesados, cos datos e último enderezo sinalado no anexo, ás resolucións de pleno dereito dos contratos das vivendas que lles foron adxudicadas por non destinar estas a domicilio habitual e permanente, rematando así os expedientes de desafiuzamento ó amparo do disposto no artigo 30.6º do Real decreto 2960/1976, do 12 de novembro, e no artigo 138.6º do Decreto 2114/1968, do 24

de xullo, polo que se aproba o Regulamento de vivendas de protección oficial.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa publicación.

E para que conste e lles sirva de notificación ós interesados en cumprimento do disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo esta cédula na Coruña, 29 de xaneiro de 2002.

Mª Teresa Morán Calero

Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente de desafiuzamento: 35/2001.

Expedientado: María Varela Vales e herdeiros.

Último domicilio coñecido: Virxe de Chamorro, vivenda nº 19 B, Serantes (Ferrol).

(Expediente C-79, conta 19).