Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 26 de febreiro de 2002 Páx. 2.732

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

CÉDULA do 13 de febreiro de 2002, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se lle notifica a Juan Carlos Costoya González a incoación de expediente disciplinario e a concesión dun prazo para prestar declaración.

O 14 de xaneiro de 2002 esta secretaría xeral acordou a incoación de expediente disciplinario ó abeiro do disposto no artigo 49 do III Convenio colectivo único para o persoal laboral da Xunta de Galicia a Juan Carlos Costoya González, persoal laboral interino coa categoría de peón do Servicio de Defensa contra Incendios Forestais, por non terse incorporado ó seu posto de traballo desde o día 22 de decembro de 2001, o que pode ser constitutivo dunha presunta actividade infractora de incumprimento das súas obrigas laborais que é necesario esclarecer.

Na resolución pola que se acorda a incoación do expediente foron nomeados os funcionarios Luis Quiroga Arnal e Emilia Benito López, instructor e secretaria do procedemento, respectivamente.

Intentada a notificación da incoación do expediente por medio de carta certificada con xustificante de recepción, foi devolta polo servicio de correos coa indicación de terse ausentado sen deixa-lo enderezo o interesado.

O instructor do expediente intentou, pola súa vez, a citación para a toma de declaración ó expedientado, que foi devolta polo servicio de Correos coa mesma indicación que a anterior.

Na súa virtude, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, notifícaselle ó interesado a incoación do expediente disciplinario, así como a concesión dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta notificación, para que compareza ante o instructor do expediente para efectos de prestar declaración, na Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente en Lugo; Ronda da Muralla, 70 baixo, 2º, en horario de mañá.

Santiago de Compostela, 13 de febreiro de 2002.

José Luis Aboal García-Tuñón

Secretario xeral de Medio Ambiente