Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 26 de febreiro de 2002 Páx. 2.730

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 25 de xaneiro de 2002, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da asociación denominada Club Empresarial Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da asociación Club Empresarial Galicia que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Profesional: poderán pertencer á devandita asociación as persoas xurídicas que teñan a condición de empresas ou as persoas físicas que ostenten a

condición de empresario individual (autónomo) ou se atopen en vías de chegar a selo.

Asinan a acta de constitución: José Antonio Silva Muíños, e dúas persoas máis.

Santiago de Compostela, 25 de xaneiro de 2002.

José Vázquez Portomeñe

Director xeral de Relacións Laborais