Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Hidroeléctrica Silleda, S.L.
Domicilio social: avda. Parque, 15, 36540 Silleda.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. en Fieitoso-Olives.
Situación: Silleda.
Descricións técnicas: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 1.040 m de lonxitude, con conductor LA-30, sobre apoios metálicos e de formigón, desde o C.T. existente Fraíz ata o C.T. que se proxecta en Fieitoso-Olives, no concello de Silleda. C.T. de 50 kVA, relación de transformación 20 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 590 m de lonxitude, con conductor R.Z., sobre apoios de formigón.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente ó seu dereito.
Pontevedra, 20 de decembro de 2001.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra