Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 26 de febreiro de 2002 Páx. 2.722

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 11 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/107).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: pza. de Constitución, 17, 15270 Cee (A Coruña).

Denominación: L.M.T., C.T., R.B.T. Val.

Situación: Mazaricos

Descricións técnicas: liña eléctrica aéreo-subterránea de media tensión a 20 kV, sobre apoios de formigón e metálicos tubulares e conductor LA-56, de 538 m de lonxitude no seu tramo aéreo, coa orixe no apoio nº 179 da liña Pontella-Lucín, seguido de tramo subterráneo, baixo tubo e conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 45 m de lonxitude e C.T. en polígono industrial de Mazaricos, a instalar.

Centro de transformación, en caseta prefabricada de formigón, de 400 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV, do que parte un circuíto aéreo, sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 40 m e outro circuíto subterráneo con conductor R.V., de 155 m. Concello de Mazaricos.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 11 de xaneiro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña