Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 26 de febreiro de 2002 Páx. 2.718

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DO SOCIAL NÚMERO UN DA CORUÑA

EDICTO (559/2001).

Agustín Ignacio Pena López, secretario do Xulgado do Social número un da Coruña.

Fago saber que nos autos nº 559/2001 seguidos por instancia de Eva Fernández Ramos e outros contra Aplicaciones Tecnológicas de Telecomunicaciones, S.L. sobre salarios, a maxistrada-xuíza deste xulgado, María Antonia Rey Eibe, dictou sentencia, na data 25-1-2002, coa seguinte parte dispositiva:

Que estimando a demanda interposta por Eva Fernández Ramos e outros, contra a empresa Aplicaciones Tecnológicas de Telecomunicaciones, S.L., debo condenar e condeno a dita demandada a que faga o pagamento ós demandantes das seguintes cantidades: a Eva Fernández Ramos 4.426,72 euros (736.544 pesetas), a Eduardo Porteiro Gasalla 4.494,32 euros (747.792 pesetas), a Manuel Ángel Calviño Santos 4.581,17 euros (762.243 pesetas) e a María Teresa Fernández Pérez 3.862,20 euros (642.616 pesetas), coa absolución do Fondo de Garantía Salarial, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria que puidera corresponderlle.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que, contra a referida sentencia cabe recurso de suplicación, ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciarse ante este xulgado no prazo de cinco días, contado desde a notificación desta resolución, e no propio termo, se o recorrente fose patrón,

deberá amosar xustificante acreditativo de ter feito o depósito na conta de consignacións deste xulgado, aberta no Banco Bilbao-Vizcaya, da cantidade obxecto da condena, identificador 5602-60, e o depósito especial de 25.000 pesetas, na mesma conta, identificador 5602-65, requisitos sen os cales non poderá terse por anunciado o recurso.

Así, por esta miña sentencia, definitivamente xulgando na primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que lle sirva de notificación a Aplicaciones Tecnológicas de Telecomunicaciones, S.L. que tivo o seu último enderezo coñecido en avda. Calvo Sotelo, 21, 2º D, A Coruña, e que na actualidade se descoñece, e co fin da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, expido e asino este edicto na Coruña o 25 de xaneiro de 2002.

O secretario xudicial

Rubricado