Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 41 Martes, 26 de febreiro de 2002 Páx. 2.707

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 20 de febreiro de 2002 pola que se procede ó nomeamento como funcionarios do corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de finanzas, dos aspirantes que superaron o proceso selectivo convocado pola Orde do 17 de xullo de 2000.

Rematado o proceso selectivo convocado pola Orde do 17 de xullo de 2000 (DOG nº 147, do 31 de xullo) para o acceso ó corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de finanzas, e realizado o acto previsto na Orde do 1 de febreiro de 2002.

Esta consellería, de conformidade co disposto na Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, no Decreto 95/1991, polo que se aproba o Regulamento de selección de persoal de Administración da Xunta de Galicia, e demais normas concordantes e nas bases da convocatoria do devandito proceso selectivo,

DISPÓN:

Nomear funcionarios do corpo de xestión de administración da Xunta de Galicia (grupo B), escala técnica de finanzas, os aspirantes que superaron o

proceso selectivo polo sistema de acceso libre e que se relacionan no anexo desta orde, ordenados, de acordo coa puntuación final obtida, e adxudicándolles, como destinos definitivos, os que figuran no anexo.

Para adquiri-la condición de funcionarios, as persoas ás que se refire o anexo desta orde deberán cumpri-los requisitos esixidos no artigo 45 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, e tomar posesión do correspondente posto de traballo no prazo legalmente previsto.

O prazo de toma de posesión comezará a computarse a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante esta consellería no prazo de 1 mes contado desde o día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde esa mesma data, de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo.

Santiago de Compostela, 20 de febreiro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública

ANEXO

Especialidade técnica de inspección financeira e tributaria

Apelidos e nomeDNICódigo postoDenominaciónLocalidadeCarácter

López Ferreiro, Rocío33.316.218EFC991000027001049Subinspector tributarioLugoDefinitivo

Especialidade técnica de xestión tributaria

Apelidos e nomeDNICódigo postoDenominaciónLocalidadeCarácter

González Rey, Mª José76.778.707EFC040000015770023X. Secc. Seguim. Contr. Z. Recad.Santiago de CompostelaDefinitivo

Benhamou Gallego, Marie Nathalie32.790.678Excedencia voluntaria artigo 55.1º) da Lei 4/1988, do 26 de maio

González Soto, Rita Mª36.106.391EFC991000036001041X. Secc. Transm. Patrim. e AXDPontevedraDefinitivo

Mauriz Montero, Consuelo32.651.924EFC992000036560046X. Sección Información ó Contrib.VigoDefinitivo

González Vázquez, Mª Victoria33.296.862EFC991000036001040X. Sección Información ó Contrib.PontevedraDefinitivo

Quintero López, Silvia36.117.266EFC991000032001084X. Sección Recadación VoluntariaOurenseDefinitivo

Especialidade técnica de contabilidade e intervención

Apelidos e nomeDNICódigo postoDenominaciónLocalidadeCarácter

Amiama González, Mª Teresa33.315.671EFC991000015001155X. Secc. Cont. Gastos de OO.AA.A CoruñaDefinitivo

López Otero, Mª Lourdes32.807.009EFC030000415770015X. Secc. Procedem. de Contratac.Santiago de CompostelaDefinitivo

Núñez Vázquez, Cristina78.785.729EFC030000815770011Xefe Sección ContabilidadeSantiago de CompostelaDefinitivo

Cores González, Ana Mª52.458.431EFC030000415770009Xefe Sección ContabilidadeSantiago de CompostelaDefinitivo

Picallo Gago, Mª del Carmen52.471.307EFC030000615770007Xefe Sección FiscalizaciónSantiago de CompostelaDefinitivo

Apelidos e nomeDNICódigo postoDenominaciónLocalidadeCarácter

Diéguez Díaz, Marina33.861.991EFC030002015770007Xefe Sección FiscalizaciónSantiago de CompostelaDefinitivo

Laredo Cordoníe, Mª Julia32.791.761EFC030000515770009Xefe Sección de CoordinaciónSantiago de CompostelaDefinitivo

Roig Sánchez, Mª Raquel36.107.107EFC030001915770005Xefe Sección de ContabilidadeSantiago de CompostelaDefinitivo