Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e
no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T. A Mercé, 40.
Situación: A Coruña.
Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, 34 m de lonxitude, con orixe no tramo de liña entre o C.T. A Mercé e C.T. r/ Antonio Ríos, 1 e final no C.T. A Mercé, 40, para instalar.
Centro de transformación, en edificio de vivendas, de 400 kVA e tensións de 15/20/0,380-0,220 kV en r/ A Mercé, 40. Concello da Coruña.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 15 de xaneiro de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña