Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 25 de febreiro de 2002 Páx. 2.657

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 8 de xaneiro de 2002, pola que se nomea profesor emérito a José Antonio Fernández Romero.

Consonte co disposto no artigo 22 do Real decreto 898/1985, do 30 de abril, sobre réxime do profesorado universitario, modificado polo Real decreto 1200/1986, do 13 de xuño, e no artigo 142 dos estatutos da Universidade de Vigo (DOG de 22 de outubro de 1993); a proposta do departamento de Lingua Española, logo de aprobación da Xunta de Goberno, na súa sesión do día 29 de outubro de 2001, en uso das atribucións conferidas pola lexislación vixente.

Este rectorado resolveu nomear profesor emérito a José Antonio Fernández Romero, cos dereitos e obrigas que establece a normativa vixente e con efectos do 1 de outubro de 2001.

Vigo, 8 de xaneiro de 2002.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo