Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 40 Luns, 25 de febreiro de 2002 Páx. 2.526

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 15 de febreiro de 2002 pola que se convoca proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de persoal estatutario das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde da categoría de facultativo especialista de área de uroloxía.

A Lei 16/2001, do 21 de novembro (BOE nº 280, do 22 de novembro), ten por obxecto a consolidación de emprego a través do desenvolvemento dun proceso extraordinario de selección e provisión de prazas de persoal estatutario no ámbito das institucións sanitarias da Seguridade Social do Sistema Nacional de Saúde.

Para tal fin, no seu artigo 1 habilita os servicios de saúde para realizar, por unha soa vez, as convocatorias extraordinarias de consolidación de emprego, que comprenderán as fases de selección e provisión, nas categorías e especialidades de persoal que cada servicio de saúde determine.

Igualmente, a disposición adicional primeira da citada lei sinala que as comunidades autónomas, que antes da entrada en vigor desta teñan transferidas as competencias de xestión da asistencia sanitaria da Seguridade Social, poderán acollerse ó disposto nela de consideralo conveniente ás súas necesidades.

Por outra banda, no seu artigo 2 consagra, como principio xeral, a adecuación dos procedementos de selección, dos seus contidos e probas ás funcións que se desenvolverán nas correspondentes prazas, incluíndo a valoración do coñecemento da lingua oficial distinta do castelán na respectiva Comunidade Autónoma.

Baseándose en todo o anterior, esta consellería, de acordo coas atribucións que lle confire o artigo 15 da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, en relación co artigo 7 da Lei 1/1989, do 2 de xaneiro, do Servicio Galego de Saúde, e trala negociación no seo da Mesa Sectorial de Negociación do Persoal Sanitario ó servicio da Comunidade Autónoma, dispón convocar proceso extraordinario de consolidación de emprego para a selección e provisión de prazas de persoal estatutario da categoría de facultativo especialista de área de uroloxía

das institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde, conforme as seguintes

Bases

Primeira.-Normas xerais.

1. Para este proceso de consolidación de emprego convócanse 23 prazas da categoría de facultativo especialista de área de uroloxía e resérvase un 3% para ser cuberto por persoas que teñan recoñecida unha discapacidade igual ou superior ó 33%, conforme a normativa vixente.

2. As prazas non cubertas pola quenda de reserva para discapacitados acumularanse á quenda de acceso libre.

3. Os aspirantes só poderán participar nunha das dúas quendas previstas no punto 2 desta base. Se da instancia que presenten non se deducise a súa opción, serán excluídos provisionalmente, a reserva da súa posterior emenda no prazo de 15 días naturais. De non ser así, quedarán definitivamente excluídos. Polo tanto, trala publicación da listaxe definitiva de admitidos e excluídos, non se permitirá ningún cambio de quenda ou calquera tipo de emenda ou aclaración ó respecto.

4. O feito de figurar na relación de admitidos non prexulga que se lles recoñeza ós interesados a posesión dos requisitos esixidos no procedemento que se convoca.

5. Este proceso rexerase pola Lei 16/2001, do 21 de novembro, pola Lei 30/1999, do 5 de outubro, de selección e provisión de prazas de persoal estatutario dos servicios de saúde, coas seguintes excepcións: artigo 5 (coa excepción do seu punto 8, que continuará vixente), 6, 8, 10 e 11, polo Real decreto lei 1/1999, do 8 de xaneiro, con excepción dos artigos 12, 13, 14, 15, 16, 17, 29, 30, 31, 32, 33 e 34, e por estas bases.

6. Este proceso divídese en dúas fases: a de selección e a de provisión.

Fase de selección.

Segunda.-Selección.

A selección levarase a cabo a través do sistema de concurso-oposición e, en consecuencia, esta fase consta de dúas partes: primeira parte, oposición, e segunda parte, concurso.

Os aspirantes que superen a fase de selección accederán á situación de persoal estatutario en expectativa de destino, na que permanecerán ata que obteñan, se é o caso, un destino definitivo como consecuencia da súa participación na posterior fase de provisión prevista nesta orde.

Terceira.-Requisitos dos aspirantes.

Tódolos requisitos esixidos nesta base deberán ser posuídos polos aspirantes de calquera quenda de acceso, na data en que finalice o prazo de presen

tación de instancias, e terán que manterse ata a toma de posesión como persoal estatutario do Servicio Galego de Saúde.

1. Requisitos comúns para tódalas quendas de acceso:

a) Posuí-la nacionalidade española ou a dalgún Estado membro da Unión Europea ou do espacio económico europeo ou te-lo dereito á libre circulación de traballadores conforme o Tratado da Comunidade Europea.

b) Posuí-lo título de licenciado ou doutor en medicina e cirurxía e o título de médico especialista en uroloxía. O persoal facultativo que na data de entrada en vigor da Lei 16/2001, do 21 de novembro, se atope tramitando a obtención do título de médico especialista conforme o procedemento excepcional regulado polo Real decreto 1497/1999, do 24 de setembro, e logo da acreditación diso, poderá participar nesta convocatoria. No caso de que estes aspirantes superen a fase de selección, o acceso á situación de expectativa de destino e, se é o caso, a obtención dunha praza mediante a súa participación na fase de provisión, unicamente producirá efectos se previamente se resolveu o procedemento e, se é o caso, se obtivo o título de médico especialista establecido no citado real decreto.

c) Posuí-la capacidade funcional necesaria para o desempeño das tarefas que se deriven do correspondente nomeamento.

d) Ter cumpridos os dezaoito anos e non exceder da idade de xubilación forzosa.

e) Non ser separado mediante expediente disciplinario do servicio de calquera servicio de saúde ou Administración pública nos seis anos anteriores á convocatoria, nin atoparse inhabilitado con carácter firme para o exercicio de funcións públicas nin, se é o caso, para a correspondente profesión.

f) No caso dos nacionais doutros estados mencionados no parágrafo a), non atoparse inhabilitado, por sanción ou pena, para o exercicio profesional ou para o acceso a funcións ou servicios públicos nun Estado membro, nin ser separado por sanción disciplinaria dalgunha das súas administracións ou servicios públicos nos seis anos anteriores á convocatoria.

g) Aboa-las taxas por dereitos de exame, salvo o previsto no punto 5 da base cuarta para os discapacitados.

2. Reserva para discapacitados:

Os aspirantes desta quenda, ademais dos requisitos xerais, deberán ter recoñecida unha discapacidade igual ou superior ó 33%.

Cuarta.-Solicitude e dereitos de exame.

1. Os que desexen participar no concurso-oposición terán que cubrir necesariamente o modelo de instancia xunto co modelo de autoliquidación de taxas, que serán facilitados gratuitamente nos seguintes lugares:

a) No rexistro xeral da Consellería de Sanidade.

b) Na oficina de Información ó Cidadán da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública.

c) Nas delegacións provinciais da Consellería de Sanidade.

d) Nas direccións provinciais do Servicio Galego de Saúde.

e) Nos servicios de persoal dos centros ou complexos hospitalarios do Servicio Galego de Saúde.

f) Nos servicios de persoal das xerencias de Atención Primaria do Servicio Galego de Saúde.

g) Na Casa de Galicia en Madrid, sita na rúa Casado de Alisal, nº 8, 28014.

Así mesmo, para facilita-la súa difusión, enviaranse ás sedes centrais dos servicios de saúde das comunidades autónomas.

2. A instancia terá que cubrirse conforme o establecido nas súas instruccións complementarias.

En todo caso, unha vez que sexa debidamente rexistrada a solicitude e despois de separa-lo exemplar para o interesado, á folla do exemplar para a Administración deberáselle grampar, no espacio reservado na súa parte superior esquerda, o exemplar para a Administración do modelo de autoliquidación de taxas unha vez realizada a transferencia na entidade bancaria correspondente, xunto cunha fotocopia do documento nacional de identidade ou pasaporte.

No caso de acceder pola quenda de reserva para discapacitados, achegarase tamén unha fotocopia compulsada da certificación que recoñeza a devandita condición, para os efectos de quedar exentos de aboa-las taxas por dereitos de exame.

3. O prazo para a presentación das instancias será dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

4. As instancias para participar no concurso-oposición poderán presentarse no rexistro xeral dos centros referidos no punto 1 desta base, ou a través de calquera dos procedementos do artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

5. Por imperativo legal, conforme o disposto no artigo 31 da Lei 4/2000, do 27 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para o ano 2001, que modifica o Decreto lexislativo 1/1992, do 11 de abril, polo que se aproba o texto articulado das bases contidas no capítulo III do título II da Lei 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, deberán satisfacerse dereitos de exame que ascenderán á cantidade de 46,61 euros (7.755 pesetas), que serán ingresados mediante transferencia bancaria nalgunha das sucursais das entidades financeiras colaboradoras na recadación.

Os aspirantes que acrediten unha discapacidade igual ou superior ó 33% estarán exentos do aboamento de taxas por dereitos de exame.

6. No caso de erros ou omisións na consignación da categoría, da quenda de acceso, así como de discrepancia co importe autoliquidado, a listaxe provisional de admitidos e excluídos establecerá unha exclusión provisional, que poderá ser emendada no prazo de 15 días naturais.

7. A simple transferencia do ingreso non suporá, en ningún caso, a substitución do trámite de presentación do modelo de instancia no prazo e na forma previstos nesta base.

8. Os aspirantes con discapacidade, opten ou non opten por participar na quenda reservada para discapacitados, poderán sinalar na instancia as adaptacións de tempo e medios para a realización dos exercicios, cando estas sexan necesarias. As citadas adaptacións non desvirtuarán, en ningún caso, o contido das probas de valoración da aptitude dos aspirantes.

9. En todo caso, o tribunal reserva para si o dereito de esixir que se acredite convenientemente a existencia ou non de calquera requisito de participación dos aspirantes en calquera momento anterior á resolución definitiva do concurso-oposición.

10. A consignación de datos falsos na instancia ou na documentación achegada polos aspirantes sancionarase coa anulación da solicitude, sen prexuízo das demais medidas legais que correspondan.

O domicilio que figure na instancia considerarase como o único válido para os efectos de notificacións, e será responsabilidade exclusiva do aspirante tanto o erro na súa consignación como a comunicación á División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde de calquera cambio nel.

Quinta.-Admisión de aspirantes:

1. Expirado o prazo de presentación de instancias, a División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde dictará unha resolución declarando con carácter provisional os aspirantes admitidos e excluídos, co motivo da súa exclusión.

2. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e terá que indica-lo lugar ou lugares nos que poderán examinarse as listas de admitidos e excluídos.

3. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de quince días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, para poderen corrixir, se é o caso, o defecto que motivou a súa exclusión.

4. Á vista das peticións de reparación presentadas, a División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde publicará na forma descrita no punto 2 desta base as listaxes definitivas de aspirantes admitidos e excluídos. Para este efecto, a estimación ou desestimación das devanditas peticións de reparación entenderanse implícitas na resolución que publique a listaxe definitiva.

5. Devolveránselle-los dereitos de exame ós aspirantes excluídos definitivamente do concurso-oposición sempre e cando o soliciten no prazo dun mes,

contado a partir do seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia da resolución á que se refire o punto anterior, e utilicen para isto o modelo que figura como anexo III a esta orde, achegando obrigatoriamente copia da súa instancia e do modelo de autoliquidación de taxas.

Sexta.-Tribunal.

1. A División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, mediante resolución que se publicará no Diario Oficial de Galicia, nomeará un tribunal central, cunha antelación mínima dun mes ó inicio das probas. Este tribunal será o encargado de velar polo axeitado funcionamento de todo o proceso, impulsándoo tanto na fase de selección coma na posterior de provisión.

Así mesmo, corresponderanlle ó tribunal as funcións relativas á determinación concreta do contido das probas e a cualificación dos aspirantes, tanto na fase de oposición coma na de concurso, así como, en xeral, a adopción de cantas medidas sexan precisas para o correcto desenvolvemento das probas selectivas e a resolución de incidencias, polo que non poderán disolverse ata as correspondentes tomas de posesión dos aspirantes que resulten seleccionados.

2. O tribunal terá a súa sede central, para os efectos de comunicacións e incidencias, na División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, sita en San Lázaro s/n, 15781 Santiago de Compostela.

3. O tribunal estará composto por un mínimo de cinco membros e debe designarse o mesmo número de suplentes. Todos eles, tanto titulares como suplentes, deberán atoparse en posesión de titulación de igual nivel académico que a esixida para o ingreso e te-la condición de persoal fixo das administracións públicas ou dos servicios de saúde.

Alomenos dous dos vocais, tanto titulares como suplentes, deberán estar en posesión da especialidade requirida nesta convocatoria.

Un vocal será designado polas organizacións sindicais.

O tribunal poderá dispoñe-la incorporación ós seus traballos de cantos asesores coide convenientes. Os devanditos asesores deberán posuír titulación académica de igual nivel á esixida para o ingreso e limitaranse a presta-la súa colaboración no exercicio das súas especialidades técnicas.

4. Os membros do tribunal deberán absterse de intervir, notificándollo á División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, cando concorran neles algunhas das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou cando nos cinco anos anteriores á convocatoria realizaran tarefas específicas de preparación de aspirantes para o ingreso na mesma categoría estatutaria. O presidente poderá solicitar dos membros do tribunal

declaración expresa de non se atoparen incursos nas circunstancias ás que se fai referencia neste punto. Así mesmo, os aspirantes poderán recusa-los membros do tribunal cando, ó seu xuízo, concorran as citadas circunstancias.

5. A División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde publicará, se é o caso, no Diario Oficial de Galicia, a resolución pola que se nomean os novos membros que teñan que substituí-los que perderon a súa condición por algunha das causas previstas, así como os substitutos daqueles.

6. Despois da convocatoria do presidente, constituirase o tribunal coa asistencia da maioría dos seus membros, titulares ou suplentes. A partir da súa constitución, o tribunal requirirá, para actuar validamente, a presencia da maioría dos seus membros, titulares ou suplentes. Por acordo dos seus membros o tribunal poderá acorda-la autoconvocatoria para a seguinte ou seguintes sesións, sen necesidade de citación por escrito ós seus membros.

7. O tribunal terá a categoría primeira das previstas no artigo 26 do Decreto 144/2001, do 7 de xuño, sobre indemnizacións por razón do servicio ó persoal con destino na Administración autonómica de Galicia.

Sétima.-Procedemento de selección.

a) Primeira parte: oposición.

1. A oposición, que terá unha puntuación máxima de 100 puntos, consistirá na realización dos seguintes exercicios:

1.1. Redacción, durante un período máximo de dúas horas, dunha memoria coa estructura e desenvolvemento que será proposto polo tribunal no momento da súa redacción. Neste exercicio valoraranse os coñecementos, a claridade e orde de ideas, así como a calidade da expresión escrita.

Os contidos básicos da memoria serán os seguintes: análise detallada das funcións que se deben desenvolver na especialidade á que se opta, determinación dos coñecementos e medios necesarios para o seu desempeño, nivel de responsabilidade, así como a importancia que teñan na organización as funcións que se teñan que desempeñar.

Este exercicio será valorado de 0 a 95 puntos e é necesario alcanzar unha puntuación mínima de 47,5 puntos para superalo.

1.2. Contestación, durante un período máximo de trinta minutos, dun cuestionario de dez preguntas, máis dúas de reserva, con respostas alternativas, mediante o cal se evidencie o coñecemento por parte dos aspirantes da lingua galega. Este exercicio, que será obrigatorio pero non eliminatorio, será valorado de 0 a 5 puntos.

Ámbalas dúas probas da oposición terán lugar no mesmo día.

2. O lugar, data e hora de comezo dos exercicios da oposición serán anunciados no Diario Oficial de

Galicia cun mínimo de sete días naturais de antelación.

3. Os aspirantes serán chamados para a realización dos exercicios nun chamamento único e serán excluídos do proceso os que non comparezan. En todo caso, para garanti-la unidade de acto non serán tidas en conta causas de forza maior ou calquera outra causa para emenda-la non comparecencia.

4. En calquera momento os aspirantes poderán ser requiridos polo tribunal coa finalidade de acredita-la súa personalidade, deben concorrer á realización dos exercicios co documento nacional de identidade, pasaporte ou carné de conducir.

5. En calquera momento do proceso selectivo, se o tribunal tivese coñecemento de que algún dos aspirantes non cumpre un ou varios dos requisitos esixidos nesta convocatoria, logo da audiencia ó interesado, deberá propoñe-la súa exclusión á División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde. Da mesma forma, o tribunal deberá dar conta das inexactitudes ou falsidades nas que puidesen incorre-los aspirantes, para os efectos procedentes.

6. Os aspirantes disporán dun prazo de dous días hábiles, contados a partir do seguinte á realización do exercicio de coñecemento da lingua galega, para impugnaren algunha ou algunhas das preguntas incluídas neste.

Se o tribunal, de oficio, ou baseándose nas citadas impugnacións, anulase algunha ou algunhas das preguntas, anunciarao publicamente nos taboleiros de anuncios dos servicios centrais e periféricos da Consellería de Sanidade e do Servicio Galego de Saúde.

7. Por acordo do tribunal central, que será publicado no Diario Oficial de Galicia, citaranse os aspirantes para a realización do acto de lectura da memoria que, en todo caso, deberá ser pública, iniciándose por aqueles dos que o primeiro apelido comece pola letra T, de conformidade co establecido na resolución da Dirección Xeral da Función Pública do 14 de febreiro de 2001, pola que se fai público o resultado do sorteo realizado o 13 de febreiro (DOG nº 39, do 23 de febreiro).

Os sucesivos chamamentos, se é o caso, realizaranse a través do taboleiro de anuncios existente no lugar onde se realice a devandita lectura e terán que levarse a cabo cunha antelación mínima de doce horas. A cualificación dos aspirantes farase pública ó final de cada sesión de lectura.

8. Trala publicación das puntuacións dos exercicios da oposición, os interesados poderán presentar reclamación ante o tribunal no prazo de cinco días naturais contados a partir do día seguinte ó da devandita publicación.

9. Á vista das reclamacións presentadas e realizadas, se é o caso, as oportunas correccións, o tribunal publicará no Diario Oficial de Galicia un acordo coas puntuacións definitivas obtidas polos aspirantes nos exercicios da oposición. Para este

efecto, a estimación ou desestimación das reclamacións presentadas entenderanse implícitas nesta publicación.

10. Sen prexuízo do carácter eliminatorio, se é o caso, dos exercicios, poderá supera-la oposición un número de aspirantes superior ó de prazas convocadas.

b) Segunda parte: concurso.

1. O concurso consistirá na valoración polo tribunal, conforme o baremo que se publica como anexo I, dos méritos que acrediten os aspirantes que superasen a oposición, referidos ó último día do prazo de presentación de solicitudes da fase de selección establecido na base cuarta. No devandito baremo valorarase a experiencia profesional e a formación. A experiencia profesional terá unha puntuación máxima de corenta e cinco puntos.

2. En ningún caso a puntuación obtida no concurso poderá aplicarse para alcanza-la puntuación mínima da oposición.

3. O acordo do tribunal ó que se refire o punto 9 anterior declarará finalizada a oposición e abrirá un prazo de 15 días naturais, contados a partir do seguinte a esta publicación, para que os aspirantes que superaron a oposición presenten ante o tribunal os seguintes documentos:

I. Fotocopia compulsada dos títulos académicos e certificacións esixidos para a súa participación nestas probas selectivas.

II. Autovaloración dos méritos que o aspirante considera valorables de conformidade co baremo de méritos. En ningún caso esta autovaloración vinculará o tribunal, tendo un carácter simplemente orientativo.

III. Documentación orixinal ou fotocopias compulsadas acreditativas dos méritos alegados.

A documentación que estea redactada nun idioma distinto a calquera dos oficiais do Estado español deberá vir xunto con copia traducida por traductor xurado.

4. Se algún aspirante non presenta ningún mérito, o tribunal, de oficio, outorgaralle cero puntos no concurso.

5. O tribunal poderá requirir, de oficio, dos interesados ou de calquera Administración pública, a documentación complementaria ou as aclaracións precisas coa finalidade de asegura-la máxima obxectividade na adxudicación da puntuación no concurso.

6. O tribunal só poderá valorar ou solicitar aclaración sobre os méritos alegados en tempo e forma polos aspirantes.

7. En aplicación dos reais decretos 895/1995, do 19 de maio, e 543/2001, do 18 de maio, que desenvolven a Lei 17/1993, do 23 de decembro, sobre o acceso a determinados sectores da función pública dos nacionais dos estados membros da Unión Europea, o tribunal equiparará os méritos valorables que

acrediten os aspirantes comunitarios ás puntuacións do baremo de méritos, con suxeición ós principios constitucionais de igualdade de acceso á función pública e non discriminación por razón de nacionalidade.

Oitava.-Resolución do concurso-oposición.

1. Realizada polo tribunal a baremación correspondente, publicarase no Diario Oficial de Galicia o anuncio da súa exposición. Contra a baremación, os aspirantes que o consideren oportuno poderán presentar reclamación ante o propio tribunal no prazo de dez días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación do citado anuncio.

2. Á vista das reclamacións presentadas e realizadas, se é o caso, as oportunas correccións, o tribunal publicará no Diario Oficial de Galicia o acordo que conteña a relación de aspirantes, por orde de puntuación, indicando a puntuación obtida en cada unha das dúas partes, a de oposición e a de concurso, así como a puntuación total, que será a suma de ámbalas dúas. Para este efecto, a estimación ou desestimación das devanditas reclamacións entenderanse implícitas nesta publicación.

3. En caso de empate na puntuación total obtida na fase de selección (concurso-oposición), resolverase a favor do concursante que acredite o maior tempo total de servicios prestados nas institucións sanitarias da Seguridade Social dos servicios de saúde. De persisti-lo empate, resolverase a favor da mellor puntuación nos puntos 1.1 e 1.2 do baremo que figura como anexo I e pola súa orde.

Novena.-Incremento de prazas ofertadas a selección.

Unha vez resolto o concurso-oposición, podería darse o caso de que exista, entre os que o superasen, persoal estatutario fixo que, nese momento, se atope en activo ou teña reservada praza nas institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde, na mesma categoría e especialidade que a obtida mediante a súa participación nesta convocatoria. Neste suposto, o número de prazas ofertadas na fase de selección para o acceso á situación de expectativa de destino será o establecido na base primeira desta convocatoria, incrementado en tantas outras como aspirantes se atopen nesta última situación.

Décima.-Presentación de documentos.

1. Os aspirantes que superasen a fase de selección disporán dun prazo de vinte días naturais, contados desde o seguinte ó da publicación da listaxe definitiva das puntuacións finais a que se refire a base oitava, para presentaren ante a División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde a seguinte documentación:

a) Fotocopia compulsada do documento nacional de identidade ou pasaporte.

b) Declaración de non estar inhabilitado para o exercicio profesional ou o desempeño de funcións públicas, nin de ser separado, mediante expediente

disciplinario, do servicio de calquera Administración pública.

c) Certificación expedida polos servicios médicos, no centro que determine a División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, acreditativa da capacidade funcional para o desempeño do posto de traballo. A toma de posesión quedará supeditada á superación deste requisito.

2. Os aspirantes que tivesen a condición de persoal fixo das administracións públicas ou dos servicios de saúde estarán exentos de xustifica-las condicións e os requisitos xa acreditados para obte-lo seu anterior nomeamento; deben presentar certificación do organismo de que dependan, acreditando a súa condición e demais circunstancias que consten no seu expediente persoal.

3. Se, á vista da documentación presentada, se apreciase que un aspirante seleccionado non cumpre algún dos requisitos esixidos na convocatoria, a División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde dictará resolución motivada na que se declarará a perda dos dereitos que se puidesen derivar da súa participación no proceso selectivo.

Décimo primeira.-Declaración da situación de expectativa de destino.

1. Unha vez comprobado o cumprimento dos requisitos dos aspirantes que superasen a fase de selección, a División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, mediante resolución que se publicará no Diario Oficial de Galicia, declararaos en situación de expectativa de destino.

2. Non poderá supera-la fase de selección e, polo tanto, acceder á situación de persoal estatutario en expectativa de destino, un número maior de aspirantes ó das prazas convocadas, salvo o establecido na base novena.

3. Enténdese por expectativa de destino a situación en que se atopan os aspirantes que superasen o concurso-oposición, ata que obteñan, se é o caso, un destino definitivo como consecuencia da súa participación na posterior fase de provisión.

A situación de persoal estatutario en expectativa de destino non outorga dereitos económicos nin dereito ó desempeño dunha praza como persoal estatutario nas institucións sanitarias da Seguridade Social dos servicios de saúde do Sistema Nacional de Saúde, ata que non se obtivese praza definitiva como persoal estatutario fixo mediante a participación e obtención desta na fase de provisión.

4. O persoal con nomeamento estatutario fixo nas institucións sanitarias da Seguridade Social dos servicios de saúde do Sistema Nacional de Saúde, que obtivese a situación de expectativa de destino na mesma ou distinta categoría, seguirá desempeñando provisionalmente a praza que estea a ocupar ata a obtención definitiva da nova por medio da fase de provisión.

5. O persoal que superase a fase de selección, accedendo á situación de expectativa de destino, e tivese anteriormente a condición de persoal estatutario temporal, ocupando unha praza nas institucións sanitarias da Seguridade Social dos servicios de saúde do Sistema Nacional de Saúde, continuará ocupando esa praza nas condicións previstas nesta, sen prexuízo de que, se é o caso, puidese obter outra definitiva como resultado da súa participación na fase de provisión.

6. Os que, como consecuencia da súa participación na fase de selección correspondente a máis dunha categoría profesional ou, se é o caso, especialidade, accedesen á situación de persoal estatutario en expectativa de destino en máis dunha categoría ou especialidade, unicamente poderán participar na fase de provisión de prazas nunha soa categoría ou especialidade.

Fase de provisión.

Décimo segunda.-Provisión.

1. Finalizada a fase de selección iniciarase, mediante resolución da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde que se publicará no Diario Oficial de Galicia, a fase de provisión. Esta valorarase conforme o baremo que figura como anexo II e constará da realización e cualificación dunha entrevista regulada para avalia-los diferentes niveis de complexidade nos que poden presta-las súas funcións os aspirantes e da acreditación e valoración dos méritos por servicios prestados, a actividade científica e investigadora desenvolvida, así como a impartición de docencia posgraduada.

2. A entrevista a que se refire o punto anterior efectuarase de forma simultánea en cada centro de xestión e terá unha duración de vinte minutos.

Para os efectos desta convocatoria, considérase como un único centro de xestión o conxunto de centros sanitarios incluídos nunha mesma área de saúde de atención especializada ou de atención primaria, conforme se definen estas no artigo 56 da Lei 14/1986, do 25 de abril, xeral de sanidade. Aqueles centros sanitarios que non se atopen incorporados a unha área de saúde determinada, ou que estando, dispoñan de órgano de dirección propio diferente, se é o caso, da área de saúde correspondente, terán tamén a consideración de centros de xestión para os únicos efectos desta convocatoria.

3. Polo que respecta ós méritos relativos ós servicios prestados, a actividade científica e investigadora, así como a impartición de docencia posgraduada, valoraranse os realizados referidos ó día da publicación no Diario Oficial de Galicia da citada resolución, pola que se inicia a fase de provisión.

Décimo terceira.-Requisitos.

1. Deberá participar obrigatoriamente nesta fase de provisión:

a) O persoal que, como consecuencia do proceso de consolidación de emprego, obtivese a situación

de persoal estatutario en expectativa de destino prevista na base décimo primeira desta orde. O persoal que se atope nesta situación e que non participe na fase de provisión considerarase decaído nos seus dereitos, sen que se lle poida adxudicar ningunha praza, perdendo a súa situación de persoal estatutario en expectativa de destino.

b) O persoal que se atope en situación de reingreso provisional ó servicio activo no Servicio Galego de Saúde deberá participar obrigatoriamente nesta fase de provisión. Se quen desempeñe unha praza con destino provisional non obtén praza definitiva na fase de provisión, tendo solicitadas tódalas convocadas na súa categoría, modalidade e área de saúde, poderá optar por obter novo destino provisional nalgunha das prazas que resulten vacantes como consecuencia da resolución da fase de provisión ou pasar novamente á situación de excedencia voluntaria. O reingresado provisional que non participe nesta fase ou non obteña praza e non solicitase tódalas da súa categoría, modalidade e área de saúde, será declarado de oficio en situación de excedencia voluntaria.

2. Poderá participar voluntariamente nesta fase de provisión:

a) O persoal estatutario con nomeamento fixo, na mesma categoría e especialidade que a que se convoca, e que se atope desempeñando ou teña praza reservada nas institucións sanitarias da Seguridade Social, sexan cales fosen as administracións públicas das que aquela dependa e sexa cal for a data en que tomara posesión.

b) O persoal en situación distinta á de activo e que non teña reserva de praza, sempre que reúna os requisitos legais e regulamentarios para incorporarse ó servicio activo o último día do prazo de presentación de solicitudes para participar na fase de provisión, sen que lle sexa esixible prazo ningún de permanencia na mencionada situación.

c) O persoal estatutario facultativo fixo que teña a categoría de xefe de departamento, de servicio ou de sección por acceder directamente a esta con anterioridade á entrada en vigor da orde do Ministerio de Sanidade e Consumo do 5 de febreiro de 1985, poderá concorrer a esta fase de provisión nas mesmas condicións que os facultativos especialistas de área. Se obtivesen praza nesta fase serán nomeados facultativos especialistas de área e perderán definitivamente a categoría orixinaria.

Os destinos obtidos na fase de provisión serán irrenunciables.

Décimo cuarta.-Solicitudes.

1. A resolución prevista na base décimo segunda desta convocatoria, pola que se inicie a fase de provisión, establecerá a relación de prazas ofrecidas por cada centro de xestión, o prazo, a forma, o lugar de presentación de instancias e da documentación acreditativa dos méritos recollidos no anexo II. A solicitude de praza nun centro de xestión supón a

petición da totalidade das prazas convocadas nel, así como as que queden vacantes no devandito centro como consecuencia da resolución da fase de provisión e, polo tanto, sexan susceptibles de seren adxudicadas en resultas.

A documentación que estea redactada nun idioma distinto de calquera dos oficiais do Estado español deberá vir xunto con copia traducida por traductor xurado.

2. Con independencia de que nas solicitudes de participación nesta fase de provisión poida consignarse máis dun centro de xestión, os candidatos unicamente poderán concorrer á entrevista nun só deles. En caso de non se presentar á realización desta, ou de concorrer en distintos centros de xestión a máis dunha delas, decaerán nos seus dereitos, sen que se lles poida adxudicar ningunha praza, perdendo a súa situación de persoal estatutario en expectativa de destino.

3. Finalizado o prazo de presentación de instancias, a División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde dictará unha resolución declarando con carácter provisional os aspirantes admitidos e excluídos á entrevista por centros de xestión, co motivo da súa exclusión.

4. Esta resolución publicarase no Diario Oficial de Galicia e terá que indica-lo lugar ou os lugares nos que se poderán examina-las listaxes correspondentes.

5. Os aspirantes excluídos disporán dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, para poder corrixir, se é o caso, o defecto que motivou a súa exclusión.

6. Á vista das peticións de reparación presentadas, a División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde publicará na forma descrita no punto 4 desta base as listaxes definitivas de admitidos e excluídos á entrevista, e indicará o lugar, a data e a hora de realización da entrevista polo centro de xestión. Para este efecto, a estimación ou desestimación das devanditas peticións de reparación entenderanse implícitas na resolución que publique as listaxes definitivas.

Décimo quinta.-Tribunal central e comisións delegadas.

1. A División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, na resolución prevista na base décimo segunda desta convocatoria, pola que se inicie a fase de provisión, designará en cada centro de xestión os membros das comisións delegadas ou tribunais de apoio do tribunal central, que estarán formadas por un mínimo de cinco membros, un dos cales actuará como presidente con voto de calidade. Igualmente, un dos vocais será designado polas organizacións sindicais. Así mesmo, designará os suplentes do presidente ou dos membros das comisións

delegadas ou tribunais de apoio cando fose necesario.

2. Tódolos membros das comisións delegadas deberán atoparse en posesión de titulación de igual nivel académico que a esixida para o ingreso e te-la condición de persoal fixo das administracións públicas ou dos servicios de saúde. Alomenos dous dos membros deberán estar en posesión da especialidade requirida nesta convocatoria.

3. No suposto de que sexa necesario nomear como membros das comisións delegadas persoas que non teñan a condición de persoal fixo, esixida no punto anterior, deberá quedar debidamente acreditada no oportuno expediente a causa que determine ese nomeamento excepcional.

4. Os membros das comisións delegadas deberán absterse de intervir, notificándollo á División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde, cando concorran neles algunha das circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou se realizasen tarefas específicas de preparación de aspirantes para o ingreso na mesma categoría estatutaria nos cinco anos anteriores á publicación desta convocatoria. Así mesmo, os aspirantes poderán recusa-los membros da comisión delegada correspondente cando concorran as citadas circunstancias.

5. As comisións delegadas elevarán ó tribunal central as propostas de puntuación atribuídas ás entrevistas realizadas.

Décimo sexta.-Resolución da fase de provisión.

1. Finalizadas as entrevistas e realizada polo tribunal central a valoración dos méritos acreditados polos participantes, publicarase no Diario Oficial de Galicia o anuncio da exposición da listaxe provisional coas puntuacións obtidas por cada un dos participantes e cos destinos provisionais adxudicados, se é o caso, no centro de xestión onde o aspirante optou por realiza-la entrevista.

Os aspirantes disporán dun prazo de quince días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación do citado anuncio, para formularen reclamacións contra a listaxe provisional.

2. Á vista das reclamacións presentadas e realizadas, se é o caso, as correccións oportunas, a División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde publicará no Diario Oficial de Galicia a resolución definitiva da asignación de destinos por centros de xestión. Para este efecto, a estimación ou desestimación das devanditas reclamacións entenderanse implícitas nesta resolución.

3. Coas prazas non adxudicadas ou que resulten vacantes como consecuencia da fase de provisión iniciarase de novo o procedemento de provisión previsto nesta base. Para iso, na resolución definitiva de asignación de destinos relacionaranse as devan

ditas prazas por centros de xestión, establecéndose o prazo, a forma, o lugar de presentación de solicitudes e sinalarase o lugar, a data e a hora de realización da segunda entrevista; continuarase o mesmo procedemento de provisión previsto nesta base.

4. En ningún caso se poderá asignar maior número de prazas que as convocadas na base primeira, sen prexuízo do establecido na base novena.

5. En caso de empate na puntuación total obtida no concurso, en ámbolos dous procedementos de asignación de prazas, se resolverá a favor do concursante que acredite o maior tempo total de servicios prestados nas institucións sanitarias da Seguridade Social dos servicios de saúde. De persisti-lo empate, resolverase a favor da mellor puntuación obtida nos puntos 2.1 e 2.2 do baremo que figura como anexo II e pola súa orde.

Décimo sétima.-Peche da fase de provisión.

Se, como consecuencia da provisión establecida na base anterior, aínda existisen prazas non adxudicadas ou vacantes, estas cubriranse de forma centralizada en función da puntuación obtida nos puntos 2 e 3 do baremo que figura como anexo II e pola súa orde. Para iso o tribunal, na resolución definitiva da asignación de destinos do segundo proceso de asignación de prazas, convocará en chamamento único os aspirantes que non resultaron adxudicatarios de praza neste, para que, atendendo á súa puntuación, elixan os destinos sobrantes.

Quedarán excluídos da asignación de prazas os que non participasen no segundo proceso da fase de provisión establecida na base décimo sexta.

Décimo oitava.-Nomeamentos.

Mediante resolución da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde que se publicará no Diario Oficial de Galicia, o persoal en situación de expectativa de destino que obtivese praza na fase de provisión será nomeado persoal estatutario fixo. Aqueles que, estando nesta situación, non obtivesen praza, participando integramente na fase de provisión e no seu peche, serán nomeados persoal estatutario fixo en situación de excedencia voluntaria, sen que se lles esixa o período mínimo dun ano para solicita-lo reingreso.

Décimo novena.-Asignación de prazas.

Mediante resolución da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación definitiva do total dos adxudicatarios, con expresión concreta da praza adxudicada. Esta resolución abrirá o prazo de toma de posesión.

Vixésima.-Toma de posesión.

1. Os adxudicatarios procedentes da fase de selección disporán dun prazo máximo dun mes, contado a partir do seguinte ó da publicación da resolución á que se refire a base décimo novena, para efectua-la toma de posesión. De non se produci-la toma de

posesión no prazo indicado sen causa xustificada, quedará sen efecto o nomeamento como persoal estatutario fixo da respectiva categoría e perderán os dereitos derivados da súa participación neste proceso.

Este mesmo prazo aplicarase no caso de que a adxudicación da praza supoña o reingreso ó servicio activo. En ámbolos dous casos, este período non será retribuído.

2. Cando o adxudicatario sexa persoal estatutario con praza en propiedade na mesma categoría á que concursou nesta convocatoria e non proceda da fase de selección, deberá cesar na que, se é o caso, desempeñe, dentro dos tres días hábiles seguintes a aquel en que se publique a resolución á que se refire a base décimo novena. Non obstante o xerente da institución, por necesidades do servicio, poderá ampliar este prazo ata dez días.

A toma de posesión na nova praza deberá efectuarse dentro dos tres días hábiles seguintes ó do cesamento, se as prazas son da mesma localidade; no prazo de quince días hábiles, se son de distinta localidade pero desta área de saúde; ou no dun mes, se pertencen a distinta localidade e área de saúde.

Cando o adxudicatario non tome posesión da praza adxudicada no prazo indicado, perderá tódolos dereitos derivados da súa participación nesta convocatoria. Entenderase que solicita a excedencia voluntaria por interese particular como persoal estatutario e será declarado na devandita situación pola Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde á que pertenza a praza na que tiña que tomar posesión quen non se incorpore ó destino obtido dentro dos prazos establecidos ou das súas prórrogas que legal ou regulamentariamente proceda. Non obstante, se existen causas suficientemente xustificadas así apreciadas pola División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde logo de audiencia do interesado, poderá deixarse sen efecto a devandita situación. En tal caso o interesado deberá incorporarse ó seu destino tan pronto como desaparezan as causas que no seu momento o impediron.

Vixésimo primeira.-Normas derradeiras.

1. Esta convocatoria e as súas bases vinculan a Administración, os tribunais encargados de xulga-lo concurso-oposición e os que participen nel.

2. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir da súa publicación no Diario Oficial de Galicia. Potestativamente, no prazo dun mes poderá interpoñerse recurso de reposición ante esta consellería.

3. Así mesmo, cantos actos administrativos sexan producidos polos tribunais ou pola División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde poderán ser impugnados polos interesados de acordo co establecido na Lei 30/1992, do 26 de novembro,

de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

4. Igualmente, a Administración poderá, se é o caso, proceder á revisión das resolucións dos tribunais, conforme o previsto nas leis.

5. Os recursos contencioso-administrativos que se interpoñan contra esta convocatoria e sucesivos actos do proceso selectivo serán anunciados no Diario Oficial de Galicia para os efectos de citación ós posibles interesados.

Santiago de Compostela, 15 de febreiro de 2002.

José Mª Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade

ANEXO I

Baremo de méritos da fase de selección

1. Experiencia profesional.

Valorarase a experiencia profesional obtida no desempeño de postos de traballo das correspondentes institucións sanitarias da Seguridade Social como persoal estatutario. Para estes efectos os servicios prestados con contrato laboral, con carácter fixo ou temporal, nas categorías de persoal reguladas no Estatuto xurídico de persoal médico, de persoal sanitario non facultativo e de persoal non sanitario ó servicio das institucións sanitarias da Seguridade Social, terán a consideración de efectuados como persoal estatutario fixo ou temporal na respectiva categoría.

1.1. Por servicios prestados, calquera que fose o momento, nas institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde:

a) Na mesma categoría profesional e, se é o caso, especialidade á que se concursa con nomeamento fixo ou temporal: 0,3 puntos por mes traballado.

b) En categoría do modelo tradicional, de cota, de zona ou de urxencia, do mesmo grupo de titulación e, se é o caso, mesma especialidade que a categoría na que se concursa con nomeamento fixo ou temporal: 0,225 puntos por mes traballado.

c) En distinta categoría profesional e, se é o caso, especialidade á que se concursa con nomeamento fixo: 0,15 puntos por mes traballado.

d) No modelo tradicional, de cota, de zona ou de urxencia, en distinta categoría profesional e, se é o caso, especialidade á que se concursa con nomeamento fixo: 0,113 puntos por mes traballado.

1.2. Por servicios prestados, calquera que fose o momento, nas institucións sanitarias da Seguridade Social dependentes doutros servicios de saúde:

a) Na mesma categoría profesional e, se é o caso, especialidade á que se concursa con nomeamento fixo ou temporal: 0,1 punto por mes traballado.

b) En categoría do modelo tradicional, de cota, de zona ou de urxencia, do mesmo grupo de titulación e, se é o caso, mesma especialidade que a categoría

na que se concursa con nomeamento fixo ou temporal: 0,075 puntos por mes traballado.

c) En distinta categoría profesional e, se é o caso, especialidade á que se concursa con nomeamento fixo: 0,05 puntos por mes traballado.

d) No modelo tradicional, de cota, de zona ou de urxencia, en distinta categoría profesional e, se é o caso, especialidade á que se concursa con nomeamento fixo: 0,038 puntos por mes traballado.

A máxima puntuación que se poderá obter por experiencia profesional será de corenta e cinco puntos.

Para os efectos do cómputo dos servicios prestados establecidos no punto 1 deste baremo, referido a experiencia profesional, ó persoal de reforzos en atención primaria e ó facultativo de atención especializada con nomeamento específico para a realización de atención continuada (gardas médicas), recoñeceráselle un mes completo de servicios prestados, que se calculará conforme as seguintes regras:

a) Un mes, ou a parte que corresponda proporcionalmente, por cada cento noventa horas ou fracción realizadas.

b) Se dentro dun mes natural se realizasen máis de cento noventa horas, soamente poderá valorarse un mes de servicios prestados, sen que o exceso de horas efectuado durante aquel poida ser aplicado para o cómputo de servicios prestados establecidos na anterior regra a).

2. Formación.

A formación valorarase do seguinte xeito:

a) Aspirantes que para a obtención do título de especialista en uroloxía cumprisen o período completo como médico interno residente do programa MIR, ou ben un período equivalente (en España ou no espacio económico europeo) de formación teórica e práctica, a tempo completo en centro hospitalario e universitario, ou en organismos competentes ou baixo o seu control, participando na totalidade das actividades e responsabilidades médicas do servicio onde se imparta a formación, incluídas as gardas, e obtendo a cambio a remuneración apropiada, todo iso de conformidade coa Directiva 93/16/CEE, do 5 de abril: 16 puntos.

b) Aspirantes que para a obtención do título de especialista en uroloxía cumprisen un período de formación como médico residente, de acordo coa normativa anterior ó Real decreto 127/1984, do 11 de xaneiro, polo que se regula a formación médica especializada e a obtención do título de médico especialista, de polo menos dous anos de práctica supervisada, afondando os aspectos teóricos e prácticos da área correspondente á súa especialidade, tras supera-lo necesario período de, polo menos, un ano como médico interno en rotación polos servicios clínicos básicos: 2 puntos.

Nos epígrafes a) e b) anteriores, soamente se poderá valorar unha única modalidade de obtención da especialidade.

c) 1. Por tese de doutoramento: 3 puntos.

2. Por tese de doutoramento cum laude: 1 punto adicional.

3. Por traballos científicos e de investigación directamente relacionados coa categoría e especialidade de que se trate, apreciados libremente polo tribunal, ata un máximo de 10 puntos, conforme os seguintes criterios e táboa de valoración:

Publicación revista: difusión nacional: 0,25/difusión internacional: 0,50.

Capítulo de libro: difusión nacional: 0,30/difusión internacional: 0,60.

Libro completo: difusión nacional: 1,00/difusión internacional: 2,00.

Non se poderán valorar máis de tres capítulos dun mesmo libro.

Só se valorarán os tres primeiros autores dos traballos a que se refire este epígrafe.

En todo caso, por este epígrafe c) non se poderá obter unha puntuación superior a 10 puntos.

d) Por impartir docencia posgraduada na especialidade á que se concursa en centros acreditados para a docencia: 0,5 puntos por cada ano, ata un máximo de 5 puntos.

ANEXO II

Baremo de méritos da fase de provisión

1. Entrevista.

A valoración da entrevista cualificarase cun máximo de 30 puntos.

2. Experiencia profesional.

Valorarase a experiencia profesional nas correspondentes institucións sanitarias da Seguridade Social como persoal estatutario con nomeamento fixo ou temporal. Para estes efectos, os servicios prestados con contrato laboral, con carácter fixo ou temporal, nas categorías de persoal reguladas no Estatuto xurídico de persoal médico, persoal sanitario non facultativo e persoal non sanitario ó servicio das institucións sanitarias da Seguridade Social terán a consideración de efectuados como persoal estatutario fixo ou temporal na respectiva categoría.

2.1. Por servicios prestados, calquera que fose o momento, nas institucións sanitarias dependentes do Servicio Galego de Saúde:

a) Na mesma categoría profesional e, se é o caso, especialidade á que se concursa: 0,6 puntos por mes traballado.

b) Nas categorías do modelo tradicional, de cota, de zona ou de urxencia, do mesmo grupo de titulación e, se é o caso, mesma especialidade que a categoría na que se concursa: 0,45 puntos por mes traballado.

c) En distinta categoría profesional e, se é o caso, especialidade á que se concursa: 0,3 puntos por mes traballado.

d) No modelo tradicional, de cota, de zona ou de urxencia, en distinta categoría profesional e, se é o caso, especialidade á que se concursa: 0,225 puntos por mes traballado.

2.2. Polos servicios prestados, calquera que fose o momento, nas institucións sanitarias da Seguridade Social dependentes doutros servicios de saúde:

a) Na mesma categoría profesional e, se é o caso, especialidade á que se concursa: 0,2 puntos por mes traballado.

b) En categoría do modelo tradicional, de cota, de zona ou de urxencia, do mesmo grupo de titulación e, se é o caso, mesma especialidade que a categoría á que se concursa: 0,15 puntos por mes traballado.

c) En distinta categoría profesional e, se é o caso, especialidade á que se concursa: 0,1 puntos por mes traballado.

d) No modelo tradicional, de cota, de zona ou de urxencia, en distinta categoría profesional e, se é o caso, especialidade á que se concursa: 0,075 puntos por mes traballado.

O cómputo máximo de antigüidade por servicios prestados será de cincuenta e cinco puntos.

Para os efectos do cómputo dos servicios prestados establecidos no punto 2 deste baremo, referido á experiencia profesional, ó persoal de reforzos de atención primaria e ó facultativo de atención especializada con nomeamento específico para a realización de atención continuada (gardas médicas), recoñeceráselle un mes completo de servicios prestados; calcularase conforme as seguintes regras:

a) Un mes, ou a parte que corresponda proporcionalmente, por cada cento noventa horas ou fracción realizadas.

b) Se dentro dun mes natural se realizasen máis de cento noventa horas, soamente poderá valorarse un mes de servicios prestados, sen que o exceso de horas efectuado durante aquel poida ser aplicado para o cómputo de servicios prestados establecidos na anterior regra a).

3. Outros méritos.

a) 1. Por tese de doutoramento: 3 puntos.

2. Por tese de doutoramento cum laude: 1 punto adicional.

3. Por traballos científicos e de investigación directamente relacionados coa categoría e especialidade de que se trate, apreciados libremente polo tribunal, ata un máximo de 10 puntos, conforme os seguintes criterios e táboa de valoración:

Publicación revista: difusión nacional: 0,25/difusión internacional: 0,50.

Capítulo de libro: difusión nacional: 0,30/difusión internacional: 0,60.

Libro completo: difusión nacional: 1,00/difusión internacional: 2,00.

Non se poderán valorar máis de tres capítulos dun mesmo libro.

Só se valorarán os tres primeiros autores dos traballos a que se refire este epígrafe.

En todo caso, por este epígrafe a) non se poderá obter unha puntuación superior a 10 puntos.

b) Por impartir docencia posgraduada na especialidade á que se concursa en centros acreditados para a docencia: 0,5 puntos por cada ano, ata un máximo de 5 puntos.

ANEXO III

Solicitude de devolución de dereitos de exame

D/Dª..., con DNI nº ..., domiciliado/a en ..., teléfono de contacto ..., que opta á categoría de persoal estatutario de ..., de conformidade coa base quinta 5 da correspondente convocatoria,

SOLICITO:

A devolución efectiva dos dereitos de exame, para o que achego necesariamente copia da miña instancia e do modelo de autoliquidación de taxas, na seguinte conta bancaria (especifica-los vinte díxitos):

Asino esta en (lugar) o (data)

(Asinado)

Director xeral da División de Recursos Humanos do Servicio Galego de Saúde