Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 22 de febreiro de 2002 Páx. 2.100

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Corporación Municipal, en sesión plenaria do 27-12-2001, acordou aporbar definitivamente o proxecto de modificación puntual do PEPRI que afecta ó inmoble número 3 da rúa Armanyá (unidade edificatoria 120631), solicitado por Luis Colomo Fernández, en representación de Manuel Flórez Panizo, e consistente en introducir na correspondente ficha do catálogo de protección do PEPRI o seguinte texto: «Ampliación do fondo de edificación no andar ático no seu fondo posterior, ata iguala-los andares inferiores repetindo o esquema de galerías».

Faise público para os efectos determinados no artigo 70.2º da Lei 7/1985, en consonancia co 48.2º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia.

Contra este acordo, que é definitivo en vía administrativa, poderase interpor, no prazo de dous meses, recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro recurso que se considere procedente.

Lugo, 10 de xaneiro de 2002.

Mª Eva Martín Minguela

Vicesecretaria

Visto e prace

P.D. (Decreto alcaldía nº 60/1999)

José Ramón Gómez Besteiro

Tenente alcalde delegado de área