Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 22 de febreiro de 2002 Páx. 2.099

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE ARANGA

ANUNCIO.

NO BOP nº 11, do 14 de xaneiro de 2002, publícanse integramente as bases da convocatoria para a provisión en propiedade, mediante oposición libre, dunha praza de auxiliar administrativo da administración xeral deste concello, incluída na oferta de emprego público de 2000.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir do día seguinte ó da publicación do extracto da convocatoria no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria publicaranse no BOP e no taboleiro de anuncios do concello.

Aranga, 16 de xaneiro de 2002.

Manuel Brañas Abad

Alcalde en funcións