Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 22 de febreiro de 2002 Páx. 2.079

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 7 de febreiro de 2002 pola que se convoca un curso de introducción á linguaxe de signos para persoal de corporacións locais da Comunidade Autónoma galega.

Dentro do plan de actividades da EGAP para o 2002, e conforme coas funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócase un curso de introducción á linguaxe de signos, dirixido ó persoal de corporacións locais da Comunidade Autónoma galega, que deberá desenvolverse de acordo coas seguintes bases:

Primeira.-Obxectivos.

Desenvolver alternativas de comunicación na atención ó público.

Segunda.-Destinatarios.

Persoal de corporacións locais das unidades de información e atención directa ó cidadán.

Terceira.-Desenvolvemento:

3.1. Duración: 30 horas.

3.2. Lugar: EGAP.

3.3. Datas: 2, 3, 9, 10, 16, 17, 23, 24 e 30 de abril, e 7, 8 e 14 de maio de 2002.

3.4. Horarios: das 16.30 ás 19 horas.

3.5. Prazas: 15.

Cuarta.-Solicitudes.

O persoal que desexe participar no curso programado deberá solicitalo coa presentación da instancia que, segundo modelo oficial, figura como anexo I desta resolución e cubrila en tódolos seus epígrafes.

As solicitudes irán dirixidas ó director da EGAP e presentaranse no rexistro da Escola Galega de Administración Pública, r/ Madrid, 2-4, 15707 Santiago de Compostela, ou tramitaranse por calquera das outras formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das admi

nistracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 63 30, sen prexuízo da necesidade de remisión da solicitude orixinal por correo ordinario.

O prazo de presentación de solicitudes comezará a contarse a partir do día seguinte da publicación desta resolución no DOG e será de quince días naturais.

Seguidamente, efectuarase a selección dos participantes e esta notificaráselles directamente ós admitidos e publicarase na páxina web: www.egap.xunta.es.

Quinta.-Selección.

Os criterios de selección suxeitaranse ás directrices sinaladas na Resolución do 27 de xuño de 1994, pola que se fan públicos os criterios de participación nas actividades da EGAP (DOG nº 149, do 3 de agosto).

Sexta.-Modificacións.

A EGAP reserva para si a facultade de interpretar e de resolve-las incidencias que puidesen xurdir no desenvolvemento do curso, así como a de anulalo se o escaso número de solicitudes non xustificase a súa realización.

Sétima.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselles certificado de asistencia ós alumnos que participen con regularidade no curso e é obrigatoria a asistencia a tódalas sesións. Toda inasistencia deberá ser xustificada convenientemente, sen que poida exceder en ningún caso do 15% das horas lectivas programadas.

Unha inasistencia superior ó 15% das horas lectivas programadas, aínda que sexa xustificada, impedirá a expedición do correspondente certificado.

Oitava.-Contido.

Coñecemento básico da linguaxe de signos. Desenvolvemento de técnicas para favorece-la comunicación.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2002.

Domingo Bello Janeiro

Director da Escola Galega de Administración Pública

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA