Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 39 Venres, 22 de febreiro de 2002 Páx. 2.061

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

ORDE do 18 de febreiro de 2002 pola que se designa o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro.

De conformidade co establecido no artigo 42.4º do Regulamento da denominación de orixe Ribeiro e do seu consello regulador, unha vez asumidas as funcións na materia en virtude do artigo 30.I.3 e 4 do Estatuto de autonomía para Galicia e por proposta dos membros do consello regulador, conforme as atribucións que me veñen conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e

do seu presidente, modificada pola Lei 11/1998, do 20 de outubro,

DISPOÑO:

Artigo único.

Desígnase presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixe Ribeiro a José Antonio Bouza Escudero.

Santiago de Compostela, 18 de febreiro de 2002.

Juan Miguel Diz Guedes

Conselleiro de Política Agroalimentaria

e Desenvolvemento Rural