VI. ANUNCIOS
DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA
SERVICIO GALEGO DE SAÚDE
CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 23 de xaneiro de 2002, da División de Recursos Económicos, pola que se anuncia concurso, polo procedemento aberto e tramitación anticipada do expediente de gasto, para o servicio de mantemento e soporte de equipos de comunicación e personalización de tarxetas sanitarias (S/8-2002).
Advertido erro na data da resolución do anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia do 5-2-2002 para a licitación do expediente arriba indicado, infórmase de que onde di: «Resolución do 23 de xaneiro de 2002», debe dicir: «Resolución do 28 de decembro de 2001».
Nota: esta corrección non afectará ós prazos da presentación de ofertas previstos no anuncio que se corrixe.