Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 21 de febreiro de 2002 Páx. 2.046

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 12 de decembro de 2001, do Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, pola que se resolven os expedientes 11/2000 e catorce máis de clasificación de montes desta provincia.

Para os efectos previstos no artigo 28 do regulamento para a execución da Lei 13/1989, do 10 de outubro, de montes veciñais en man común, o Decreto 260/1992, do 4 de setembro, e de conformidade co disposto no artigo 60.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, faise público que o Xurado Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, na sesión que tivo lugar o 12 de decembro de 2001 na sala de xuntas da delegación provincial da Consellería de Presidencia e Administración Pública, baixo a presidencia do delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente, e coa asistencia dos vocais Emilio Sánchez Coto, Manuel Martínez Garrido, José Antonio Illán Torrón e do secretario Luis Quiroga Arnal, dictou a resolución de non clasificar como veciñais en man común os montes seguintes:

-Expediente número 11/2000: monte de Guntín, parcelas: Lousido, Capela do Rosario, Serra I, Serra II, Curión, Verbo I, Verbo II, Verbo III, Lagas, Barreiriños e Coto Raso, situado na parroquia de Guntín do concello de Bóveda.

-Expediente número 4/2001: monte de Támoga, situado na parroquia de Támoga no concello de Cospeito.

-Expediente número 5/2001: monte de Vilar, situado na parroquia de Vilar no concello de Cospeito.

-Expediente número 6/2001: monte de Leituego, situado no lugar de Leituego, parroquia de Pacios no concello da Fonsagrada.

-Expediente número 7/2001: monte de Maderne, situado no lugar de Maderne, parroquia de Maderne no concello da Fonsagrada.

-Expediente número 8/2001: monte de Mazaeda, situado no lugar de Mazaeda, parroquia de Neiro no concello da Fonsagrada.

-Expediente número 9/2001: monte de Mourisco, situado no lugar de Mourisco, parroquia de Pacios no concello da Fonsagrada.

-Expediente número 10/2001: monte de Padrón, situado no lugar de Padrón, parroquia de Padrón no concello da Fonsagrada.

-Expediente número 11/2001: monte de Pedrafitelas, situado no lugar de Pedrafitelas, parroquia de Vieiro no concello da Fonsagrada.

-Expediente número 12/2001: monte de Queixoiro, situado no lugar de Queixoiro, parroquia da Bastida no concello da Fonsagrada.

-Expediente número 13/2001: monte de Ribón, situado no lugar de Ribón, parroquia de Lamas de Moreira no concello da Fonsagrada.

-Expediente número 14/2001: monte de Sancedo, situado no lugar de Sancedo, parroquia de Vilabol de Suarna no concello da Fonsagrada.

-Expediente número 15/2001: monte de Silvachá, situado no lugar de Silvachá, parroquia de Maderne no concello da Fonsagrada.

-Expediente número 16/2001: monte de Vilardongo, situado no lugar de Vilardongo, parroquia de Padrón no concello da Fonsagrada.

-Expediente número 17/2001: monte de Xunqueira, situado no lugar de Xunqueira, parroquia de Lamas de Moreira no concello da Fonsagrada.

Contra esta resolución e desde a súa notificación ou publicación, poderá interporse recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o Xurado

Provincial de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, ou recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Lugo, de conformidade co disposto no artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa, en relación co artigo 12 da Lei de montes veciñais en man común e o artigo 28 do seu regulamento, modificados os dous preceptos legais pola Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lugo, 12 de decembro de 2001.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Montes

Veciñais en Man Común de Lugo