Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 21 de febreiro de 2002 Páx. 2.044

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se notifica a presentación de permiso de investigación Zade, no concello da Lama, da provincia de Pontevedra, por parte de Canteras Hermanos Esvaz, S.L.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Pontevedra fai saber que Canteras Hermanos Esvaz, S.L., con domicilio en Arcos, Baceira, 30, Ponteareas, presentou nesta delegación provincial, o día 25-6-2001, instancia-solicitude de permiso de investigación Zade de 3 cuadrículas mineiras para recursos de granito ornamental, que se sitúa no termo municipal da Lama, da provincia de Pontevedra, e que lle correspondeu o nº 2967, da provincia de Pontevedra.

A designación do terreo é a seguinte:

VérticesLonxitudeLatitude

18º 21' 20''42º 26' 40''

28º 21' 00''42º 26' 40''

38º 21' 00''42º 25' 40''

48º 21' 20''42º 25' 40''

A solicitude foi admitida definitivamente, salvo mellor dereito e sen prexuízo de terceiros.

O que se fai público para que, calquera que se considere interesado, interpoña a súa reclamación no prazo de quince días hábiles, ante esta delegación provincial; pasado o dito prazo non se admitirá oposición ningunha.

Pontevedra, 16 de xaneiro de 2002.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E

DESENVOLVEMENTO RURAL