Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 38 Xoves, 21 de febreiro de 2002 Páx. 2.042

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 14 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/461).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución e a declaración de utilidade pública, en concreto da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: Avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.A., C.T.I., R.B.T.A. Quintáns e O Carpio.

Situación: Trazo e Tordoia.

Características técnicas: liña eléctrica aérea de media tensión a 20 kV, sobre apoios de formigón

e metálicos tubulares e con conductor LA-56, de 1.412 m de lonxitude, coa orixe na liña que alimenta o C.T. O Barral e final no C.T. O Rial, que se vai instalar. Centro de transformación, tipo intemperie, de 50 kVA e rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e con conductor R.Z., de 2.330 m de lonxitude, que discorre polos lugares do Rial, Quintáns, O Carpio, Os Campos e O Barral, conectándose á rede existente. Nos termos municipais de Trazo e Tordoia.

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos afectados polo procedemento de expropiación forzosa figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación ou notificación individual.

A Coruña, 14 de xaneiro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña

Relación de propietarios, bens e dereitos afectados

Expediente: 461/2001. Provincia: A Coruña.

L.M.T., C.T., R.B.T. O Rial, Quintáns e O Carpio.Termo municipal: Trazo.

PREDIOSPROPIETARIOSAFECCIÓN

SoloVoo

NºLugarCultivoNome e apelidosEnderezonº apoiommlm

11Croas de AbaixoMonte altoManuel García VázquezMerelle-Xavestre

15687 Trazo-A Coruña

10160