Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 20 de febreiro de 2002 Páx. 2.005

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO da iniciación do procedemento para regulamentación da instalación de equipos de telefonía móbil e, se é o caso, adopción de medidas cautelares provisionais.

O Pleno da Corporación, en sesión do 24-11-2001, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro.-Suspende-lo outorgamento das licencias municipais para o establecemento ou instalación dos usos das infraestructuras precisas para o desen

volvemento do servicio de telefonía móbil en xeral e estacións bases e antenas en concreto, fundamentada na conveniencia de estudia-la reforma do planeamento de ordenación municipal en vigor, aprobado por Orde do 18-12-1989, e sen prexuízo da posible redacción dun plan especial de ordenación desas infraestructuras.

Facer constar que esta alcanza a todo o termo municipal, con independencia das clasificacións de solo deste, e terá unha duración máxima dun ano, a contar desde o momento da publicación deste acordo de suspensión, agás que con anterioridade a esa data o Pleno da Corporación adoptase o acordo de aprobación inicial, entendéndose entón transcorrido un ano desde a adopción dese acordo.

Segundo.-Dispoñe-la constitución dunha comisión pluridisciplinar para o seguimento do estudio da modificación ou reforma do Plan Xeral de Ordenación Urbana en canto á regulación desta cuestión, na que poidan estar representadas as administracións públicas, escolas ou facultades universitarias especializadas na cuestión, operadores de telefonía, asociacións de veciños que se considere procedente, para a mellor representación dos intereses afectados nesta cuestión.

Terceiro.-Dirixirse ó Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía, co fin de que se remitan a este concello os informes e recomendacións que estime oportunos para a regulación desta cuestión no instrumento municipal de ordenación».

O que se fai público para a súa executividade, significándose que contra este acto, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñerse ben o recurso potestativo de reposición perante o mesmo órgano que a dictou e no prazo dun mes contado desde o día seguinte ó da súa notificación, consonte o establecido no artigo 116.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, na redacción dada pola Lei 4/1999, pola que se modifica a primeira, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ó da súa notificación, consonte o disposto nos artigos 8.1º e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdicción contencioso-administrativa.

De interpoñerse o recurso potestativo de reposición, este deberá ser resolto e notificado no prazo dun mes, segundo se establece no artigo 117.2º da citada Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999, entendéndose desestimado polo transcurso do mencionado prazo sen resolución expresa, de conformidade co establecido no artigo 43.2º desta Lei 30/1992, podendo entón interpoñerse recurso contencioso-administrativo dentro do prazo de seis meses contado desde o día seguinte daquel no que deba entenderse presuntamente desestimado o recurso de reposición interposto, consonte o establecido no artigo 46.1º e 4º da Lei 29/1998.

Non obstante, tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que os interesados estimen procedentes conforme a dereito.

Pontevedra, 13 de decembro de 2001.

Adolfo Castro Pérez

Secretario accidental

P.D.

Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo

Teniente alcalde delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente