Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Electra de Santa Comba.
Domicilio social: Miraflores, 20 B, Santa Comba.
Denominación: L.M.T.A. Francos-Bouza (tramo III).
Situación: Santa Comba.
Descricións técnicas: L.M.T. aero-subterránea a 20 kV de 95 e 1.263 m de lonxitude, en conductor R.H.V. 150 mm Al e LA-110, que substitúe ó tramo III da L.M.T. Francos-Santa Cataliña de Armada (expediente 27949). Santa Comba.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 7 de xaneiro de 2002.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña