Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 20 de febreiro de 2002 Páx. 1.996

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 7 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente 532/2001).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra de Santa Comba.

Domicilio social: Miraflores, 20 B, Santa Comba.

Denominación: L.M.T., C.T.C., R.B.T. avda. Mou

relle.

Situación: Santa Comba.

Descricións técnicas: L.M.T. a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor de 12/20 kV de 3(1x150) mm Al, de 668 m de lonxitude, con orixe no C.T. gasolineira e final C.T. avda. de Mourelle, que se vai instalar.

C.T. en caseta prefabricada, de formigón de 400 kVA e tensións de 12/20/0,380-0,220 kV en avda. de Mourelle. Santa Comba.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 7 de xaneiro de 2002.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña