Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 37 Mércores, 20 de febreiro de 2002 Páx. 1.992

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 7 de febreiro de 2002 pola que se modifica a do 10 de decembro de 2001 pola que se nomean os membros dos tribunais que deberán cualifica-los procesos selectivos para o acceso ás categorías correspondentes ós grupos I, III, IV e V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Pola orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 10 de decembro de 2001 (DOG nº 247, do 25 de decembro) nomeáronse os membros dos tribunais que deberán cualifica-los procesos selectivos para o acceso ás categorías correspondentes ós grupos I, III, IV e V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

De conformidade co establecido na base III.3 das ordes da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 30 de xullo de 2001 (DOG nº 160, do 20 de agosto) polas que se convocaron os procesos selectivos para o acceso ás distintas categorías correspondentes ós grupos III, IV e V do persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, Emilio Mera González, que foi nomeado vocal suplente dos tribunais III-D, IV-C e V-C e Xosé Lois Veloso Abellás, que designado polos representantes dos traballadores foi nomeado vocal do tribunal V-A, abstivéronse de intervir no proceso selectivo por incorrer nas circunstancias previstas no artigo 28 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notificándoo ó director xeral da Función Pública.

De acordo co anterior, e dando cumprimento á base III.4 das citadas ordes do 30 de xullo de 2001,

DISPOÑO:

Primeiro.-Nomear vocal suplente dos tribunais III-D, IV-C e V-C a José Antonio Muíña Rodríguez en substitución de Emilio Mera González.

Segundo.-Nomear vocal titular, designado polos representantes dos traballadores do tribunal V-A a María Luisa Savoini Sierra en substitución de Xosé Lois Veloso Abellás.

E nomear vocal suplente, designado polos representantes dos traballadores do tribunal V-A a María del Carmen Abad Guerreiro, en substitución de María Luisa Savoini Sierra por pasar esta a ser vocal titular do tribunal V-A.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2002.

Jaime Pita Varela

Conselleiro da Presidencia, Relacións

Institucionais e Administración Pública