Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 19 de febreiro de 2002 Páx. 1.960

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de información pública.

A Comisión de Goberno do Concello de Santiago de Compostela, na sesión que tivo lugar o día 14 de xaneiro de 2002, aprobou inicialmente o estudio de detalle no ámbito das parcelas de uso terciario e asistencial do Plan parcial do solo urbanizable non programado número 6 (SUNP-6) de San Lázaro, promovido polos servicios técnicos municipais.

A aprobación inicial do estudio de detalle determina automaticamente, por aplicación do disposto o artigo 34.2º da LSG, a suspensión do outorgamento de licencias no ámbito obxecto de ordenación para tódolos usos e obras que resulten incompatibles coa ordenación proxectada.

En cumprimento do que dispón o artigo 44.3º da Lei 1/1997, do solo de Galicia (LSG), o expediente sométese a información pública durante o prazo dun mes, cointado a partir do día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e nun xornal de circulación na provincia. Durante este prazo, os interesados poderán consulta-lo expediente na Sección de Planeamento e Xestión e formular por escrito as alegacións que xulguen oportunas.

Santiago de Compostela, 7 de febreiro de 2002.

Luís Toxo Ramallo

Concelleiro delegado de Urbanismo