Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 19 de febreiro de 2002 Páx. 1.959

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DO PORRIÑO

ANUNCIO.

O Concello Pleno, na súa sesión ordinaria do día 22 de novembro do ano 2001 adoptou, por maioría absoluta, o acordo que ten a seguinte parte dispositiva:

«a) Aprobar definitivamente o proxecto de modificación puntual nº 3 do Plan parcial do polígono industrial da Granxa do concello do Porriño, que ten por obxecto a conversión da actual parcela 259 cualificada como equipamento sociocomercial do polígono, en solo industrial para a súa agregación a outras e a obtención de 36.186 m co fin de implantar unha grande instalación industrial.

b) Publicar este acordo no DOG e no BOP e así mesmo publicarase no BOP o documento que conteña a normativa e as ordenanzas.

c) Comunicar este acordo á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda e ó mesmo tempo darlle traslado dunha copia autenticada do expediente administrativo completo e de dous exemplares do instrumento aprobado definitivamente con tódolos planos e documentos que integren a modificación sobre os que recaeu este acordo de aprobación definitiva, debidamente dilixenciados polo secretario deste concello, facendo consta-lo dito extremo.

d) A eficacia deste acto de aprobación definitiva e a entrada en vigor da referida modificación aprobada quedan condicionadas ó cumprimento do dis

posto no artigo 48.4º da Lei 1/1997, do 24 de marzo, do solo de Galicia, en harmonía co establecido no artigo 70.2º da Lei reguladora das bases do réxime local».

O que se fai público de conformidade co disposto no artigo 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, significando que contra o acordo anteriormente expresado, que pon fin á vía administrativa, poderá interpoñe-los recursos seguintes:

a) Directamente o contencioso-administrativo, perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses, contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución (art. 306 do R.D.L. 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana).

b) Sen prexuízo de que poida exercerse, se é o caso, calquera outro que estime procedente.

O Porriño, 14 de xaneiro de 2002.

José Manuel Barros González

Alcalde