Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 19 de febreiro de 2002 Páx. 1.948

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de xaneiro de 2002, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública o estudio ambiental do parque eólico do Ribeiro, o proxecto de execución das instalacións que comprende e o proxecto sectorial, así como as solicitudes de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública do dito parque eólico que se vai desenvolver, conforme o sinalado no proxecto presentado, nos concellos da Arnoia, Castrelo de Miño e Cartelle. (Expediente IN661A 01/03-3 A.T.).

1. Alcance da información pública; lexislación.

Sométese a información pública a solicitude presentada con data do 25-9-2001 por Energías del Ribeiro, S.L. de: autorización administrativa e declaración de utilidade pública, aprobación do proxecto de execución e do proxecto sectorial de incidencia

supramunicipal e o estudio ambiental do parque eólico do Ribeiro.

A lexislación que basicamente é de aplicación para os efectos anteriores é a seguinte: Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico e Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, que a desenvolve; Decreto 205/1995, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, de aplicación ó presente expediente polo indicado na disposición transitoria terceira do Decreto 302/2001, do 25 de outubro (DOG do 5 de decembro); Lei 10/1995, de ordenación do territorio de Galicia; Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia e decretos 442/1990, do 13 de setembro, e 327/1991, do 4 de outubro, respectivamente de avaliación de impacto e de efectos ambientais para Galicia; Real decreto 1131/1988, do 30 de setembro, polo que se aproba o regulamento de execución do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental e as súas posteriores modificacións.

2. Características básicas do proxecto.

a) Peticionario: Energías del Ribeiro, S.L.

b) Enderezo do peticionario: concello do Arnoia, r/ Otero Cruz, nº 12; 32224 Arnoia (Ourense).

c) Denominación: parque eólico do Ribeiro.

d) Situación: concellos da Arnoia; Castrelo de Miño e Cartelle (Ourense).

Coordenadas poligonais en unidades UTM:

Punto 1 (571584, 4680186); punto 2 (571569, 4680539); punto 3 (572443, 4680539); punto 4 (573415, 4679936); punto 5 (574085, 4678955); punto 6 (573886, 4678816); punto 7 (572918, 4679998); punto 8 (571584, 4680186).

e) Finalidade: producción de enerxía eléctrica a partir da enerxía eólica.

f) Datos técnicos:

-Conxunto de 9 aeroxeradores de 800 kW/u, que suman unha potencia bruta total de 7.200 kW, equipados con turbina, multiplicador e xerador eléctrico situados no alto dunha torre de aceiro de 55 m de altura, cimentada sobre zapata de formigón armado.

-Interconexión dos aeroxeradores coa rede xeral con circuíto eléctrico enterrado, a 20 kV; liñas de mando, control e protección entre máquinas e centro

de control mediante fibra óptica; instalacións de postas á terra.

-C.T. que se vai instalar en cada aeroxerador de 850 kVA de potencia e r/t 1.000/20.000 V, cos elementos de protección e auxiliares necesarios.

-Sistemas de control e supervisión.

g) Orzamento: 5.519.216,34 euros (918.320.330 pesetas).

3. Urxente ocupación. O peticionario, ó abeiro do título IX da Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico, solicita así mesmo a declaración de utilidade pública das instalacións, o que, segundo o sinalado no artigo 54 daquela, levará implícito en todo caso a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados -os cales se describen na relación adxunta- e implicará a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

4. Estudio ambiental. O estudio ambiental do parque eólico sométese a información pública en aplicación da normativa indicada no punto 1, e pode ser examinado nas dependencias seguintes: Dirección Xeral de Industria; Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental; delegacións provinciais en Ourense das consellerías de Industria e Comercio e Medio Ambiente e nos concellos afectados.

5. Proxecto sectorial de incidencia supramunicipal. Ten por obxecto realiza-la ordenación do territorio do parque eólico, con observancia da lexislación de aplicación na materia.

6. Alegacións. Os interesados e os seus representantes poden examina-lo expediente nas oficinas desta delegación provincial, rúa Curros Enríquez, nº 1-4º, de Ourense, tamén nos organismos citados no punto 4 no que respecta ó estudio ambiental, e presentar, de se-lo caso, as alegacións que crean oportunas no prazo de trinta días, contados a partir da última publicación deste anuncio.

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación, con traslado ó Ministerio Fiscal das dilixencias que se produzan.

Ourense, 21 de xaneiro de 2002.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense

Relación de bens e dereitos afectados

Parque eólico do Ribeiro

Afeccións (m)

Nº pred.ConcelloLugarTipo cult.Datos catastraisPropiedadePleno dominioServidume

(polígono)Nome e apelidosEnderezoVíasZapatasPlat. mont.GabíaProt. eól.Voo

1A ArnoiaCoto NovelleMonte baixo32; 35Monte comunal

Concello da Arnoia

Otero Cruz, s/n

A Arnoia-Ourense

7.444,48225,00985,25763,6727.107,15895,22

2Castrelo de

Miño

Coto NovelleMonte baixo92Monte Comunal Coto Novelle

Veciños de Sta. María de Castrelo

Pte.: Castor Justo Sobrino

R/ Cortiñas, s/n

Castrelo de Miño

Ourense

28,60352,103.913,40

Afeccións (m)

Nº pred.ConcelloLugarTipo cult.Datos catastraisPropiedadePleno dominioServidume

(polígono)Nome e apelidosEnderezoVíasZapatasPlat. mont.GabíaProt. eól.Voo

3CartelleCoto NovelleMonte baixo13Monte Comunal Coto Novelle

Veciños de Oleiros, Parvón, Sande

Pte.: Antonio González Armada

Sande-Cartelle

Ourense

3.625,101.125,007.287,252.999,5250.769,796.043,52

4CartelleCoto NovelleMonte baixo13Monte Comunal de San Pedro

Presidente: Rafael Vázquez

S. Pedro-Cartelle

Ourense

6.187,48675,004.372,351.471,9236.634,133.626,13