Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 19 de febreiro de 2002 Páx. 1.944

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 27 de decembro de 2001, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 01/173-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: García Barbón 38, 36201 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. políg. Torneiros, A Ribeira, Gaita.

Situación: O Porriño.

Características técnicas: L.M.T., aérea, a 15 kV, de 103 m de lonxitude, con conductor LA-110, desde o apoio metálico N. 14 da L.M.T. Atios-Gaita-Cidade universitaria, ata o apoio proxectado N. 3, desde onde continúa en subterráneo. L.M.T., subterránea, a 15 kV, de 1.010 m de lonxitude, con conductor

tipo R.H.V., desde o apoio N. 3 da liña proxectada anterior, alimentando en bucle o C.T. que se proxecta en Gaita, continuando ata o C.T. existente denominado polígono Torneiros-A Ribeira, que se vai reformar. C.T. de 400 kVA, R.T. 15 kV-380/220 V. R.B.T., aérea, de 90 m de lonxitude, con conductor tipo R.Z., e R.B.T., subterránea, de 70 m de lonxitude, con conductor R.V., ambas con orixe no C.T. Gaita. Reforma C.T. políg. Torneiros-A Ribeira cun conxunto de celas compactas SF6. Concello do Porriño.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, será de doce meses, a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente ó seu dereito.

Pontevedra, 27 de decembro de 2001.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra