Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 36 Martes, 19 de febreiro de 2002 Páx. 1.943

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 23 de xaneiro de 2002, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relacionan resolucións de recursos de reposición pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Rey Garea, María de la Paz e dous máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas

e da orde social, relaciónanse resolución de recursos de reposición pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación do Real decreto 2244/1979, do 7 de setembro, polo que se regulamenta o recurso de reposición previo ó económico-administrativo.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio de secretaría desta delegación territorial (dependencia de notificacións), con domicilio na praza de América, bloque 1, portal oficinas, 2ª planta, Vigo, en horario das 9 ás 14 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 23 de xaneiro de 2002.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Rey Garea, María de la Paz

DNI: 36063594

Av. Camelias, 100-6º D

Vigo

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte. 11881/00. Liq. 600000003350

Rodríguez González, Mª Luisa

DNI: 35882566

Gran Vía, 54-5º I

Vigo

Imposto de sucesións e doazóns.

Expte. S-1425/97. Liq. 650700302909

Rodríguez Rodríguez, José Antonio

DNI: 36088165

Cronista X.M. Álvarez Blázquez, 8

Vigo

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte. 2680/99. Liq. 600802623481